Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Prácticas »
Oportunidades de prácticas na Unión Europea e organismos internacionais
- O prazo de presentación de candidaturas finaliza este mes de xaneiro.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2022. Desde a Fundación Galicia, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas tanto en institucións e organismos europeos como en entidades internacionais, dirixidas a diversos perfís e con diferentes requirimentos.
PRÁCTICAS NAS DELEGACIÓNS DO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR
Como todos os meses, as convocatorias nas diferentes delegacións do SEAE publícanse de maneira regular na súa páxina web, polo que che recomendamos botarlle unha ollada por se algunha se axusta ao teu perfil.
TRIBUNAL DE CONTAS
- A data límite é o 31 de xaneiro.
O Tribunal de Contas Europeo organiza tres sesións anuais de prácticas formativas en eidos de especial interese para a mocidade, nun período comprendido entre os tres e cinco meses, sendo a presente convocatoria para o mes de maio.
Os requisitos para poder presentarse a estas bolsas son:
- Ter titulación universitaria.
- Posuír a nacionalidade dun dos Estados membro da Unión Europea.
- Non ter realizado un período de prácticas nunha institución, órgano ou organismo da Unión Europea, no Banco Central Europeo ou no Banco Europeo de Inversións.
- Ter un bo coñecemento nunha lingua oficial da Unión Europea e un coñecemento satisfactorio nunha segunda lingua oficial.
Na seguinte ligazón poderás acceder a toda a información aquí referida, así como tamén á solicitude en liña.
BANCO MUNDIAL
- A data límite é o 31 de xaneiro.
O programa de bolsas do Banco Mundial ofrece á xuventude a oportunidade de coñecer e participar na misión e obxectivos da institución, colaborando coas tarefas diarias e nas súas relacións con outros organismos.
Para poder participar, as persoas candidatas terán que cumprir os seguintes requisitos:
- Ter unha titulación universitaria.
- Ter competencias fluídas no inglés e bo coñecemento noutras linguas como francés, español, ruso, árabe, portugués ou chinés.
- As competencias ofimáticas serán un plus a ter en conta.
Os eidos nos que a persoa candidata poderá participarán serán economía, finanzas, desenvolvemento humano, ciencias sociais, agricultura, medio ambiente, planificación urbana ou recursos naturais, entre outros.
O destino destas prácticas, que son remuneradas, é normalmente Washington, mais dependerá das necesidades da institución. O período, en calquera caso, terá que ser de mínimo catro semanas.
Consulta na seguinte ligazón toda a información relacionada con este procedemento, así como a documentación requirida (a saber, o currículo, expresión de interese e titulación universitaria).
GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA
Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.
Novas relacionadas
Non hai novas relacionadas