Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Prácticas » Oportunidades de prácticas na Unión Europea

Oportunidades de prácticas na Unión Europea

10/11/2021 |

  • Os prazos de inscrición para as diferentes bolsas finalizan a finais de novembro

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021. Desde a Fundación Galicia, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas en institucións e organismos europeos, dirixidas a diversos perfís e con diferentes requirimentos.

PRÁCTICAS NAS DELEGACIÓNS DO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR

Como todos os meses, as convocatorias en diferentes delegacións do SEAE publícanse de maneira regular na súa páxina web, polo que che recomendamos botarlle unha ollada por se algunha se axusta ao teu perfil.

TRIBUNAL DE CONTAS

O Tribunal de Contas Europeo organiza tres sesións anuais de prácticas formativas en eidos de especial interese para a mocidade, nun período comprendido entre os tres e cinco meses, sendo a presente convocatoria para marzo de 2022.

Para poder participar neste programa, será preciso que as persoas que se postulen cumpran os seguintes requisitos:
• Ter titulación universitaria.
• Posuír a nacionalidade dun dos Estados membro da Unión Europea.
• Non ter realizado un período de prácticas nunha institución, órgano ou organismo da Unión Europea, no Banco Central Europeo ou no Banco Europeo de Inversións.
• Ter un bo coñecemento nunha lingua oficial da Unión Europea e un coñecemento satisfactorio nunha segunda lingua oficial.
Na seguinte ligazón poderás acceder a toda a información aquí referida así como tamén á solicitude en liña.

A data límite para inscribirse na presente sesión é o 30 de novembro.

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas