Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Prácticas » Oportunidades de prácticas na Unión Europea

Oportunidades de prácticas na Unión Europea

25/11/2021 |

  • Os prazos de inscrición para as diferentes bolsas finalizan este mes de novembro

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021. Desde a Fundación Galicia, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas tanto en institucións e organismos europeos como en entidades internacionais, dirixidas a diversos perfís e con diferentes requirimentos.

PRÁCTICAS NAS DELEGACIÓNS DO SERVIZO EUROPEO DE ACCIÓN EXTERIOR

Como todos os meses, as convocatorias en diferentes delegacións do SEAE publícanse de maneira regular na súa páxina web, polo que che recomendamos botarlle unha ollada por se algunha se axusta ao teu perfil.

CENTRO COMÚN DE INVESTIGACIÓN

De maneira periódica, o Centro Común de Investigación publica na súa páxina web unha serie de bolsas de prácticas para diferentes proxectos, relacionadas con eidos diversos como historia, cultura, economía, biodiversidade…

AUTORIDADE EUROPEA DE VALORES E MERCADOS (AEVM)

  • O prazo remata 31 de decembro

A AEVM ten abertas tres convocatorias remuneradas, dirixidas a perfís diferentes:

  • Unha para o seu departamento legal, responsable de ofrecer apoio ao resto de departamentos en materia xurídica. Así, a bolsa diríxese a persoas con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés, ademais doutros méritos que poderán ser tidos en conta como o grao en dereito ou especialización en financiamento comunitario. A duración será de 6 a 12 meses e realizarase na sede de París.
  • Unha bolsa para o ámbito de mercados financeiros, buscando perfís con titulación universitaria e un nivel de B2 en inglés. Tamén se terán en conta outros méritos, aínda que non son obrigatorios, como unha titulación vinculada ao eido económico, coñecemento sobre mercados financeiros e o emprego de aplicacións de manexo de datos. A duración será de 6 a 12 meses na sede de París.
  • Unha bolsa de carácter transversal en distintos departamentos, como o de asuntos corporativos ou o de recursos humanos. Polo seu carácter multidisciplinar, os requisitos varían dependendo do posto que se solicite, mais todas as persoas solicitantes deberán ter titulación universitaria e un nivel B2 de inglés. A duración será de 6 a 12 meses e terá lugar na sede de París.

O procedemento será a través da plataforma e-Recruitment.

GUÍA DE PRÁCTICAS DA FUNDACIÓN GALICIA EUROPA

Na Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e organizacións internacionais poderás atopar máis información sobre diferentes oportunidades dentro da Unión Europea e noutros organismos internacionais.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas