Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Participación Xuvenil » Un proxecto galego seleccionado como o mellor presentado por España no proxecto YouLeaders

Un proxecto galego seleccionado como o mellor presentado por España no proxecto YouLeaders

08/08/2024 | ,

— A Fundación Galicia Europa, coa colaboración do Concello de Vedra, e o departamento de Xuventude, participa no proxecto YouLeaders.

— Mocidade e biodiversidade xuntas, una vez máis, nunha nova acción do proxecto YouLeaders.

— A Fundación Galicia Europa acompañará á xuventude de Vedra que acudirá a Trapani (Sicilia) a presentar as súas ideas e proxecto sobre desenvolvemento sustentable na Europa 2030.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2024. A Fundación Galicia Europa, en colaboración co Concello de Vedra, vén participando dende vai máis de un ano en diversas actividades con fin de empoderar e dar o pulo necesario á xuventude no ámbito rural, neste caso en Vedra.

A mocidade de Vedra despois de participar nun curso de formación híbrido e adquirir competencias e habilidades que sustentan o seu compromiso coa sociedade e o ámbito rural, cada vez están mais implicados nos programas de voluntariado que o propio concello fomenta.

O proxecto YouLeaders, no que participa a Fundación Galicia Europa, busca promover a cidadanía activa e ten como obxectivo formar e promover habilidades de liderado entre a mocidade das zonas rurais do suroeste de Europa.

Ao longo do mes de agosto e no de setembro, estes mozos continúan o seu labor de voluntariado no Concello de Vedra, ao mesmo tempo que reciben mentorías personalizadas para apoialos no seu futuro como líderes, potenciando as súas habilidades e competencias.

Unha árbore por Europa

Foi o un dos proxectos presentados pola xuventude de Vedra que foi altamente cualificado e escollido polo proxecto para presentar na conferencia final YouLeaders, que se desenvolverá o próximo mes de setembro en Trapani (Sicilia, Italia).

Baixo o lema que sustentan os principios básicos de Desenvolvemento Sostible 2030, a mocidade realizou e coordinou a plantación de 15 árbores (carballos, castiñeiros e freixos) na contorna da Casa das Artes de Vedra, como parte da campaña “Un árbol por Europa”, acción que busca o compromiso coa sustentabilidade local e a loita contra a deforestación en Europa. Eles mesmo deseñaron, contactaron e formáronse coa finalidade de potenciar e protexer as nosas plantacións e árbores autóctonas.

Coa súa posta en valor concienciaron á mocidade da importancia de coidar a nosa contorna, a nosa natureza, as nosas árbores. Parabéns a este grupo de 14 mozos polo interese e o traballo realizado.

YouLeaders

A través do proxecto YouLeaders: líderes comunitarios en zonas rurais do Suroeste de Europa, financiado polo programa europeo Erasmus+, a Fundación Galicia Europa uniu forzas con outras cinco organizacións de España, Italia e Portugal para promover a mellora das comunidades locais. A iniciativa céntrase no rol dos mozos das areas rurais e xeograficamente illadas como axentes clave no desenvolvemento sostible e a innovación social.

Para acadar este obxectivo, o proxecto inclúe unha serie de actividades deseñadas para axudar a estes mozos a adquirir competencias chave no seu crecemento persoal, educativo e profesional.

Máis información: YouLeaders

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data