Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Cursos » O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscripción para a súa decimosétima edición

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscripción para a súa decimosétima edición

17/10/2022 |

— O curso, de formato virtual, contará con contidos teóricos e prácticos sobre as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas

Bruxelas, 17 de outubro de 2022. A Fundación Galicia Europa vén de abrir a inscrición para a decimosétima edición do curso de especialización en financiamento europeo para entidades galegas “TecEuropa”. O programa celebrarase, en formato virtual, do 16 ao 25 de novembro.

“TecEuropa” é o curso de referencia en financiamento comunitario en Galicia para entidades galegas, tanto públicas como privadas, que buscan especializarse na materia. Organizado pola Fundación Galicia Europa dende o ano 2015, máis de 700 persoas participaron en total nas 16 edicións anteriores. Ao longo de catro sesións, os asistentes abordarán, da man de especialistas e representantes comunitarios, todos os aspectos relativos á política rexional e a posta en marcha das transicións verde e dixital. Poderán, ademais, identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo, a través de programas como Horizonte Europa.

Malia mudar a un formato virtual dende o ano 2020, “TecEuropa” mantén o contido teórico e práctico característico dende a súa orixe. Así, as dúas primeiras xornadas (mércores 16 e venres 18), contarán con conferencias sobre a actualidade e os desafíos da Unión Europea coa participación de funcionarias españolas da Comisión Europea. Na semana seguinte, os días 23 e 25 de novembro, haberá un contido máis práctico centrado nos diferentes programas de financiamento comunitario. Posteriormente, faranse obradoiros sobre algunhas convocatorias con exemplos prácticos de propostas.

Na páxina da Fundación Galicia Europa está dispoñible toda a información do programa, así como o resto de actividades organizadas polo organismo coa fin de achegar a UE a toda a poboación galega.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data