Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE »O presidente da Deputación de Pontevedra visita Bruxelas
— A Deputación de Pontevedra expresou o seu interese e volver formar parte do padroado da Fundación Galicia Europa.
Bruxelas, 15 de maio de 2025. O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou Bruxelas para manter unha rolda de encontros con representantes comunitarios, contando co apoio da Fundación Galicia Europa (FGE).
O mandatario provincial participou o mércores 14 nunha presentación de viños das tres denominacións de orixe protexida galegas no Parlamento Europeo, onde puido saudar ao director da FGE, Jesús Gamallo. Ao día seguinte, participou nun encontro con eurodeputados membros da Comisión de Desenvolvemento Rexional (REGi) no Parlamento Europeo e reuniuse coa directora da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos. Ambas entidades estudan a posible volta da Deputación de Pontevedra ao padroado da FGE, do que saíu hai máis dunha década. Actualmente, forman parte do padroado da FGE dúas das catro deputacións galegas: as de Lugo e A Coruña.
A visita completouse cunha reunión coa Dirección Xeral de Comunicación da Comisión Europea organizada pola Fundación Galicia Europa.
Fonte e máis información: Luis López participa na presentación dos viños con denominación de orixe galega en Bruxelas no inicio dunha serie de reunións con dirixentes de institucións europeas (Deputación de Pontevedra) / Luis López expresa o apoio da Deputación a que o vindeiro marco de fondos europeos reduza a burocracia e conserve a xestión directa das rexións e entidades locais (Deputación de Pontevedra)
© Deputación de Pontevedra