Actualidade
Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria »
O Mecanismo de Transición Xusta
Aínda que todas as rexións precisarán financiamento para a transición verde, non todas elas asumirán este proceso do mesmo xeito. Para moitos territorios, esta transición suporá unha transformación en profundidade das súas economías, cambios estruturais nos modelos de negocio e novos requisitos en materia de cualificacións.
Co ánimo de mitigar as consecuencias sociais e económicas nas rexións máis afectadas pola transición ecolóxica, a Comisión Europea vai poñer en marcha un Mecanismo para unha Transición Xusta que ofrece apoio específico mediante tres piares: un Fondo de Transición Xusta, que concederá subvencións; un réxime de transición xusta específico no marco de InvestEU, que atraerá o investimento privado; e un instrumento de préstamo ao sector público, que mobilizará o investimento público.
Unha vez as propostas lexislativas dos tres piares sexan aprobadas polo Parlamento Europeo e polo Consello da Unión, os Estados poderán acceder ao financiamento do Mecanismo tras aprobar os seus Plans Territoriais de Transición Xusta.