Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » O Consello aproba a prórroga do réxime de itinerancia móbil sen taxas adicionais

O Consello aproba a prórroga do réxime de itinerancia móbil sen taxas adicionais

05/04/2022 |

 

Bruxelas, a 5 de abril do 2022.  Despois do Parlamento Europeo, o Consello vén de aprobar a prórroga do réximen “en itineraria como na casa” ata 2032. Deste xeito, tras a expiración do Reglamento vixente sobre a itineraria o 30 de xuño de 2022, cando se viaxe por otros países da UE poderase seguir facendo chamadas, enviando mensaxes de texto e navegando por internet sen sobrecusto.
 
O Regulamento sobre a itinerancia revisado axusta as tarifas máximas ao por maior para garantir que a prestación de servizos de itinerancia ao por menor a prezos nacionais sexa sostible para os operadores en toda a UE.
 
Mellorará a transparencia no caso de servizos que poidan estar suxeitos a custos adicionais e tamén protexerá aos consumidores fronte a facturas exorbitantes provocadas por unha  itinerancia involuntaria en redes móbiles non terrestres cando se atopen a bordo de transbordadores ou avións.
 
Seguirá en vigor a política de utilización razoable, concibida para evitar a itinerancia permanente. A Comisión pode propoñer cambios nesta política tras unha análise exhaustiva do mercado e unha avaliación adecuada das posibles repercusións.
 
O Regulamento revisado inclúe así mesmo medidas para asegurar unha boa experiencia aos clientes en canto á calidade do servizo e o acceso aos servizos de emerxencia, en particular ás persoas con necesidades especiais.
 
A Comisión seguirá a evolución da situación e, no seu caso, presentará unha nova proposta lexislativa para regular as tarifas máximas ao por maior e, posiblemente, outros aspectos do mercado da itinerancia.
 

Seguintes etapas

Tras a aprobación da posición do Parlamento Europeo polo Consello, o acto lexislativo queda adoptado. Unha vez que os presidentes do Parlamento Europeo e do Consello asinasen o acto lexislativo, este publicarase no Diario Oficial da Unión Europea e entrará en vigor o 1 de xullo de 2022.
 

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data