Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Asuntos Marítimos » O conselleiro do Mar visita Bruxelas no marco das negociacións das cotas pesqueiras de 2025

O conselleiro do Mar visita Bruxelas no marco das negociacións das cotas pesqueiras de 2025

11/12/2024 | ,

— Alfonso Villares contou co acompañamento da Fundación Galicia Europa e deu conta do acordo dende a sede da entidade en Bruxelas, onde tamén mantivo un encontro coa delegación da Bretaña francesa

— O conselleiro valorou negativamente a repartición acadada e puxo o foco no pacto co Reino Unido, que suporá unha perda de ingresos de 54 millóns de euros para a economía galega

Bruxelas, 11 de decembro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou Bruxelas no marco das negociacións das cotas pesqueiras de 2025. No seu paso pola capital comunitaria, contou co acompañamento da Fundación Galicia Europa (FGE). Dende a sede da entidade deu conta do acordo, que valorou negativamente. Puxo o foco no pacto co Reino Unido que, nas súas palabras, suporá grandes baixadas na pescada do caladoiro do Atlántico Norte e repercutirá nunha perda de ingresos para a economía galega de 54 millóns de euros.

Durante a súa visita en Bruxelas, o conselleiro puido manter encontros informais con responsables comunitarios, do sector e doutras rexións, ademais de intercambiar impresións co ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas. Unha desas xuntanzas foi a que mantivo na oficina da FGE coa delegación da Bretaña francesa, encabezada polo vicepresidente de Mar e Litoral, Daniel Cueff, con quen analizou a situación de partida da actividade pesqueira comunitaria neste novo mandato e estudaron ámbitos onde desenvolver accións conxuntas.

Fonte e máis información:

Villares remarca que o Goberno central nin fixo o seu traballo nin negociou correctamente o reparto de cotas do Gran Sol (Xunta)

Galicia e a Bretaña francesa afianzan relacións e estudan accións conxuntas en defensa e valorización da actividade pesqueira europea (Xunta)

Villares apela á responsabilidade do Goberno para reformular a proposta do ICES que recorta as capturas de especies de gran interese para a frota galega (Xunta)

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data