Bruxelas, 7 de abril de 2010. O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe a primeira edición dos ”Debates Galicia Europa”, na oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas. A inicitiva destes debates ten como obxectivo reunir periodicamente á rede de galegos que traballan nas institucións comunitarias e a persoeiros vidos de Galicia para debatir temas de interese comunitario que afectan á rexión. Neste primeiro xantar-debate, que contou coa participación dunhas 35 persoas, o tema principal foi a trasposición en Galicia da Directiva Europea de Servizos (a ”Lei Ómnibus”). Tamén se abordaron outros temas, en especial as relacións de Galicia e o Norte de Portugal. A iniciativa dos ”Debates Galicia Europa” xa foi anunciada polo presidente da Xunta de Galicia na súa primeira viaxe institucional a Bruxelas en outubro do 2009.


O conselleiro Rueda na súa intervención nos


Rueda destacou que a Directiva de Servizos é un paso máis no proceso de construción europea e subliñou o labor feito para traspoñer a normativa en Galicia, nun complexo proceso que se iniciou coa modificación de 23 leis galegas, sendo a comunidade que máis textos legais cambiou. Todo elo nun proceso que está a cambiar a cultura administrativa en beneficio dos cidadáns e que, segundo dixo o conselleiro, fará as Administracións máis transparentes, máis accesibles, facilitará a competitividade e abrirá novas oportunidades de negocio.