• No encontro, que terá lugar o próximo 7 de xullo, participarán o conselleiro de Economía e representantes de dúas direccións xerais da Comisión Europea

Bruxelas, 29 de xuño de 2016. O Comité Económico e Social Europeo (CESE) trae a Santiago o vindeiro 7 de xullo un seminario sobre a promoción de startups, empresas innovadoras e de rápido crecemento. A audiencia pública terá lugar a partir das 9 da mañá na sala de debates do Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago, situada no parque compostelán de Vista Alegre. Nos debates participarán o conselleiro de Economía, Francisco Conde, así como Kristin Schreiber, directora da DX Grow e Julie Anderson, responsable de políticas da DX de Educación e Cultura da Comisión Europea. Ademais, os debates contarán coas aportacións do reitor da USC, do presidente da Deputación da Coruña e dos secretarios xerais de UGT e CCOO Galicia, entre outros. O seminario ten lugar no contexto da elaboración dun ditame do Comité Económico e Social, cuxo relator, Antonio Garcia del Riego, -da Asociación Española de Banca e director da oficina de representación do Banco Santander en Bruxelas- tamén estará presente no encontro.

Coa fin de facilitar o nacemento de startups, as condicións marco de clústeres dedicados á investigación intensiva ou os centros universitarios de excelencia deben mellorar. O CESE quere definir as oportunidades e os retos que a UE ofrece a este respecto para axudar a formular recomendacións dirixidas aos responsables políticos.


Programa