O COMITÉ CIENTÍFICO, TÉCNICO E ECONÓMICO DA PESCA ACONSELLA A COMISIÓN EUROPEA PRORROGAR A PARO BIOLÓXICO PARA A ANCHOA NO GOLFO DE BISCAIA

O CCTE (Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca), está formado por un grupo de expertos en diferentes áreas pesqueiras (bioloxía, economía, etc) e asesora a Comisión Europea na toma de decisións. No seu último informe, o CCTE aconsella a Comisión que se absteña de adoptar outras medidas diferentes o peche do caladoiro da anchoa no Golfo de Biscaia.


Como consecuencia de esto, os servicios da Comisión Europea acaban de anunciar o inicio do procedemento interno para prorrogar a actual prohibición de tres meses, e que debería rematar o próximo 2 de outubro. Por tanto, está previsto o establecemento dunha nova prohibición que estará en vigor do 3 de outubro  o 31 de decembro.


Como recordatorio, a Comisión Europea anunciou en xuño pasado o inicio de un procedemento interno para cerrar a pesquería da anchoa no Golfo de Biscaia. O 1 de xullo, a Comisión anunciou a decisión de cerrar a pesquería por un período de 3 meses. O citado Regulamento prevé que a Comisión Europea evaluará o peche do caladoiro tras consultar o CCTE. Tras esta consulta, a Comisión Europea confirma o seu desexo de prorrogar o peche de esta pesquería.


Ademais, a espera da obtención de novos datos científicos sobre o estado do caladoiro a partir da primavera de 2006, a Dirección Xeral de Pesca da Comisión Europea anuncia que para o ano próximo, propondrá unha cuota “cero” para a anchoa no  Golfo de Biscaia.