Actualidade
Portada » Actualidade » Novas »
Novos intentos da UE para acoutar os prezos da enerxía
— A nova Comunicación da Comisión Europea “REPowerEU” inclúe novidades para manter os prezos da enerxía baixo control no contexto actual de crise.
— Nos próximos meses, agárdanse varias propostas do executivo comunitario que permitan garantir a seguridade de subministro e uns prezos da enerxía accesibles durante o próximo inverno, así como eliminar gradualmente a dependencia das importacións de gas, petróleo e carbón rusos.
Bruxelas, 14 de marzo de 2022. – Despois da batería de medidas proposta en outubro de 2021, e tras a invasión de Ucraína por parte de Rusia, a Comisión Europea vén de lanzar unha nova Comunicación mediante a que se establecen novas accións parad
- Acoutar os prezos da enerxía, aumento a produción de enerxía ecolóxica, diversificando a subministración e reducindo a demanda, con especial atención ó gas, que inflúe significativamente no mercado da electricidade. A Comisión Europea desexa que se acade unha redución inmediata de prezos así como garantir o almacenamento de gas para o próximo inverno.
- Eliminar progresivamente a dependencia do petróleo e do carbón rusos, para o que a UE debe dispoñer dunha maior diversidade de provedores potenciais.
Pódese resaltar que a importa o 90% do gas que consume e Rusia proporciona máis do 40% do gas consumido na UE. Ademais, o 27% das importacións de petróleo e o 46% das importacións de carbón tamén proceden de Rusia. A pesares disto, os Estados membros e a Comisión Europea estiveron de acordo, durante o Consello de Enerxía levado a cabo o pasado 28 de febreiro, en que a UE non corre un risco inmediato no referente ó abastecemento de gas ou combustible, mesmo no suposto que exista unha interrupción no subministro de gas ruso.
MEDIDAS |
Acoutar os prezos da enerxía
|
Reducir os prezos polo miúdo e apoiar ás empresas especialmente expostas |
Sistemas de fixación de prezos regulados (Anexo I) |
A Comisión Europea ofrece orientacións para axudar ós Estados membros a elaborar sistemas de fixación de prezos regulados, sinalando que “o marco xurídico do mercado da electricidade, e en particular o artigo 5 da Directiva sobre a electricidade, permite ós Estados membros, nas circunstancias excepcionais actuais, fixar prezos polo miúdo para os fogares e as pequenas empresas”. Isto podería acompañarse de incentivos para a eficiencia e o aforro enerxéticos. |
||
---|---|---|---|---|---|---|
Axudas estatais |
Os Estados membros poden ofrecer axuda temporal ás empresas que afrontan problemas de liquidez debido ós elevados prezos da enerxía, independentemente do seu tamaño, sobre a base das Directrices sobre salvamento e reestruturación. Ademais, a Comisión Europea vén de remitir ós Estados membros, para a súa consulta, un proxecto de proposta de marco temporal sobre axudas estatais en caso de crise para apoiar a economía no contexto da invasión de Ucraína. Este marco podería, por exemplo, permitir o apoio á liquidez para todas as empresas afectadas directa ou indirectamente pola crise e a axuda ás empresas, en particular as de gran consumo de enerxía, para compensar parte do aumento dos custos de enerxía causado polas perturbacións dos prezos dende a invasión rusa. |
|||||
Medidas fiscais temporais sobre os beneficios imprevistos (Anexo II) |
Os Estados membros poden decidir excepcionalmente adoptar medidas fiscais destinadas a captar parte dos beneficios que obteñen determinados produtores de electricidade debido á subida das facturas enerxéticas. Medidas así teñen que deseñarse coidadosamente para evitar distorsións innecesarias do mercado, incentivando ó mesmo tempo o investimento adicional en enerxías renovables. |
|||||
Preparación para o próximo inverno coa garantía dun almacenamento suficiente de gas | Garantía dun almacenamento anual axeitado |
A Comisión Europea sacará á luz unha proposta lexislativa, a máis tardar en abril, para garantir un nivel de almacenamento anual axeitado, a cal esixirá que as infraestruturas de almacenamento existentes na UE se atopen polo menos nun 90% da súa capacidade a máis tardar o 1 de outubro de cada ano. A proposta establecerá un mecanismo para garantir unha asignación xusta dos custos de seguridade de subministro e prevese que introduza disposicións para abordar os riscos inherentes á propiedade das infraestruturas de gas. |
||||
Eliminar a dependencia do petróleo e do carbón rusos Plan REPowerEU
|
|
Diversificación da subministración de gas
|
|
|||
Redución da dependencia dos combustibles fósiles |
|
Próximos pasos
- Asegurando niveis suficientes de almacenamento de gas.
- Canalizando o investimento coordinado en sistemas enerxéticos e na creación de infraestruturas de gas natural licuado.
- Optimizando o funcionamento do mercado da electricidade.
- Mellorando a conectividadade coa veciñanza inmediata.
- Tamén se instou a que a Comisión Europea propoña medidas, non máis tarde de finais de maio, para “eliminar gradualmente, o antes posible, a dependencia das importacións de gas, petróleo e carbón rusos”.
Contexto
- Comunicación da Comisión Europea. “REPowerEU: acción conxunta para unha enerxía máis accesible, segura e sostible”.
- Declaración de Versalles do 10 e 11 de marzo de 2022.
- Directiva (UE) 2019/944 sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade.
