Actualidade

Portada » Sen categorizar » Os novos bolseiros da Fundación Galicia Europa inician a súa formación en Bruxelas

Os novos bolseiros da Fundación Galicia Europa inician a súa formación en Bruxelas

06/09/2024 | ,

— Durante os próximos meses, os seleccionados integraranse no equipo da FGE na capital comunitaria

— Máis de 500 bolseiros beneficiáronse deste programa nos case 30 anos que leva desenvolvéndose

Bruxelas, 5 de setembro de 2024. Os novos bolseiros da Fundación Galicia Europa (FGE) inician este mes os seus programas de formación na oficina da entidade en Bruxelas. Hoxe recibiron a visita do director xeral de Relacións Exteriores e coa UE e presidente da Fundación, Jesús Gamallo.

O director xeral visitou aos bolseiros que se integrarán no equipo da FGE en Bruxelas

Catro dos seleccionados integraranse durante os próximos 11 meses no equipo da FGE en Bruxelas. Dous bolseiros formaranse en asuntos comunitarios en xeral e un terceiro especializarase en comunicación das actividades da FGE, das políticas europeas e da participación e presenza galega neste ámbito. O cuarto bolseiro realizará prácticas de secretariado e apoio administrativo.

Nos próximos días, incorporarase unha quinta bolseira, especializada no ámbito do I+D+i, para realizar doce meses de prácticas no marco dun acordo coa Axencia Galega de Innovación (GAIN). Todos eles superaron un proceso de selección ao que se presentaron máis de 40 candidaturas.

Máis de 30 anos de formación en asuntos europeos

Dende a creación da FGE a finais dos anos 80, máis de 500 mozos galegos téñense beneficiado do programa de bolsas da FGE. O obxectivo é facilitarlles a mobilidade e o acceso ao mercado laboral, ademais de darlles a oportunidade de traballar nunha contorna europea e multicultural.

Neste enlace pode consultarse a resolución da adxudicación das bolsas de asuntos europeos e neste, da de I+D+i.

Máis información: Fundación Galicia Europa

© Fundación Galicia Europa

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data