NOVAS CONVOCATORIAS DE PROPOSTAS NO MARCO DOS PROGRAMAS “e-Contentplus” e “Safer Internet Plus”
A Comisión Europa ven de publicar unha convocatoria de propostas para a
execución do seu programa “eContentplus” . Esta convocatoria vai dirixida a
tódalas persoas xurídicas dos 25 Estados membros da Unión Europea, así como ós
países candidatos (Bulgaria, Rumanía, Croacia e Turquía) e ós países do EEE
(Noruega, Islandia e Liechtenstein).
A convocatoria está aberta a todo tipo de propostas de accións indirectas que
afecten os seguintes eidos:
-Información xeográfica
-Contidos educativos
-Contidos culturais,
científicos ou académicos
-Reforzo da cooperación entre axentes interesados
en contidos dixitais.
Cun presuposto de preto de 27 millóns de euros en réxime de cofinanciamento
destas accións indirectas, o prazo para a recepción das propostas remata o 24 de
novembro de 2005 ás 17.00 horas.
Máis información sobre o
texto completo da convocatoria
Así mesmo, a Comisión ven de publicar unha convocatoria de propostas para a
execución do seu programa “Safer Internet Plus” . Esta convocatoria vai dirixida
ás mesmas persoas xurídicas citadas anteriormente e conta tamén co mesmo prazo
para a presentación de propostas. O seu presuposto ascende a 9.3 millóns de
euros para financiar propostas que se encadren nos seguintes eidos:
-Loita contra os contidos ilícitos
-Tratamento dos contidos non desexados
e nocivos
-Fomento dun contorno máis seguro
-Accións de
sensibilización.
1 Ver nota informativa “Entrada en vigor do programa
e-Contentplus” de data 05 /04 /2005
2 Ver nota informativa “O Consello
adopta a decisión que establece o programa “Safer Internet Plus” de data 25 /04
/2005 (TELECOMUNICACIÓNS)