Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Enerxía » Posta en marcha dunha nova interconexión eléctrica entre Galicia e Portugal

Posta en marcha dunha nova interconexión eléctrica entre Galicia e Portugal

02/07/2026 |

— A infraestrutura, que conecta Galicia co norte de Portugal, reforza a rede eléctrica galega, facilita a integración de máis enerxías renovables e mellora a seguridade do subministro

Arbo (Pontevedra), 2 de xullo de 2026. A Comisión Europea celebrou a entrada en funcionamento da nova interconexión eléctrica entre Galicia e o norte de Portugal, unha infraestrutura estratéxica para reforzar a integración do mercado eléctrico ibérico, avanzar na transición enerxética e fortalecer a seguridade do subministro na Península Ibérica.

O proxecto incrementa en 1.000 MW a capacidade de intercambio eléctrico entre España e Portugal, ata alcanzar os 4.200 MW en sentido España–Portugal e os 3.500 MW no sentido contrario. Ademais, permitirá integrar arredor de 281 GWh adicionais de enerxía renovable ao ano e reducir as emisións de CO₂ en máis de 113.000 toneladas anuais.

A nova conexión, desenvolvida por Red Eléctrica e REN, enlaza Pontevedra e Ourense co distrito portugués de Viana do Castelo e foi inaugurada en Arbo (Pontevedra). No lado español construíronse as subestacións de Beariz e Fontefría, así como dúas novas liñas de 400 kV, infraestruturas que reforzan de maneira significativa a rede eléctrica galega.

Segundo destaca Redeia, este reforzo incrementa o mallado da rede de transporte en Galicia, mellora a seguridade do subministro para cidadanía e empresas e facilita a integración de novos proxectos de enerxías renovables. Ademais, a infraestrutura servirá no futuro para alimentar as subestacións de tracción do eixo ferroviario Vigo–Ourense–Lugo–A Coruña.

A Comisión Europea salienta que as interconexións transfronteirizas son fundamentais para reforzar a resiliencia do sistema eléctrico europeo, reducir os prezos da electricidade e avanzar cara ao obxectivo comunitario de acadar un nivel de interconexión eléctrica do 15 % en 2030.

Máis información:

Comisión Europea

Rede Eléctrica España

La Vaz de Galicia

Ficha – interconexión España-Portugal

© European Union

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data