Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Saúde » Nova Iniciativa de Resiliencia en Saúde Global

Nova Iniciativa de Resiliencia en Saúde Global

13/05/2026 | ,

— Europa reforza a preparación e resposta fronte ás futuras ameazas sanitarias a nivel mundial.

Bruxelas, 13 de maio de 2026. Hoxe, a Comisión Europea adoptou unha nova Iniciativa de Resiliencia en Saúde Global, unha estratexia clave que sitúa á Unión Europea como un actor fiable e de primeira liña na protección da saúde a nivel mundial. O seu obxectivo é reforzar a prevención, a preparación e a resposta fronte a futuras ameazas sanitarias, ao tempo que aborda as debilidades existentes nos sistemas de saúde.

Esta iniciativa establece o marco estratéxico para a acción futura da UE, permitindo unha resposta máis rápida e eficaz ante crises sanitarias nun mundo cada vez máis interconectado. Baséase na cooperación con socios internacionais e no fortalecemento do sistema multilateral, impulsando ao mesmo tempo a autonomía estratéxica europea, a súa competitividade e o avance dos países socios cara á soberanía sanitaria.

Cinco prioridades clave

A iniciativa identifica cinco áreas prioritarias nas que a UE pode achegar maior valor:

Mellorar a arquitectura global da saúde
Búscase unha maior coordinación e menor fragmentación no sistema sanitario global, incluíndo a mobilización de recursos para cubrir as lagoas de financiamento. A UE reforza o seu compromiso con investimentos significativos, como os máis de 6.000 millóns de euros xa destinados á saúde a través dos seus instrumentos internacionais.

Fortalecer sistemas de saúde resilientes liderados polos países
Unos sistemas sanitarios nacionais sólidos son fundamentais para responder ás crises. A UE apoiará aos países socios mediante investimentos e transferencia de coñecemento, con especial atención á atención primaria.

Reforzar a prevención e resposta ante riscos sanitarios globais
Impulsarase a detección temperá e a preparación fronte a epidemias, mellorando o acceso a vacinas, tratamentos e diagnósticos, así como ferramentas globais de seguimento do gasto sanitario.

Diversificar as cadeas de subministración e a produción sanitaria
A iniciativa promove asociacións internacionais e o desenvolvemento de capacidades locais de produción, fomentando a innovación europea e o investimento en infraestruturas, emprego e formación. Tamén se impulsará a cooperación co sector privado.

Aumentar a resiliencia social e a confianza na ciencia
Traballarase para combater a desinformación en saúde e mellorar o acceso á información científica fiable, fortalecendo a comunicación pública e a cooperación internacional.

Da estratexia á acción

Para levar estas prioridades á práctica, a iniciativa contempla nove medidas emblemáticas a nivel nacional, rexional e global. A súa implementación comezará entre 2026 e 2027, co obxectivo de mellorar a preparación, a coordinación e a resiliencia dos sistemas sanitarios en todo o mund

Contexto e compromiso europeo

Esta iniciativa baséase en programas e estratexias xa existentes como a Unión Europea da Saúde, a Estratexia de Preparación e o enfoque Global Gateway. A través destes mecanismos, a UE mobiliza financiamento innovador e combina recursos públicos e privados para reforzar a capacidade global fronte ás ameazas sanitarias.

Entre as accións destacadas:

  • Máis de 2.000 millóns de euros investidos en África para mellorar o acceso a vacinas e tecnoloxías sanitarias.
  • Unha contribución de 700 millóns de euros ao Fondo Mundial.
  • 1.700 millóns de euros achegados á OMS entre 2024 e 2025.
  • Case 1.000 millóns de euros destinados á investigación sanitaria a través de Horizon Europe.

Con esta iniciativa, a Unión Europea reafirma o seu compromiso coa saúde global e cun futuro máis seguro, resiliente e sostible para todos.

Fonte: Comisión Europea

Máis información:

Comunicación

Ficha informativa sobre as nove iniciativas

Estratexia Global de Saúde da UE

 

© European Union, 2026

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data