Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Competitividade »A Comisión presenta novas iniciativas para impulsar o liderado industrial europeo en materiais avanzados
— A Comisión propuxo hoxe unha estratexia global que permitirá avanzar cara ao liderado industrial da UE en materiais avanzados,
— O desenvolvemento destes materiais considérase unha tecnoloxía facilitadora clave e moi pertinente para a dobre transición ecolóxica e dixital.
Bruxelas, 27 de febreiro de 2024. A Comunicación sobre materiais avanzados para o liderado industrial presenta medidas concretas que permiten harmonizar as prioridades de investigación e innovación e os investimentos na UE, garantindo o liderado europeo nesta tecnoloxía crave.
Esta iniciativa, moi esperada polos Estados membro e a industria, constitúe o primeiro paso cara a un enfoque europeo común en relación cos materiais avanzados, e senta as bases para novas accións.
Os materiais avanzados están concibidos e deseñados de forma que teñan un rendemento superior ou funcións especiais e poidan desenvolverse a unha velocidade sen precedentes grazas aos coñecementos científicos e a capacidade informática actuais.
Son fundamentais, por exemplo, para a innovación nos ámbitos da enerxía, a electrónica, a construción e a mobilidade e, por tanto, son cruciais para a transición ecolóxica e dixital.
Espérase que a lista inicial de ámbitos de investigación amplíese co tempo no marco do diálogo co Consello Tecnolóxico de próxima creación.
Espérase que a demanda de materiais avanzados aumente significativamente nos próximos anos, por exemplo para a produción de enerxía renovable, baterías, edificios de cero emisións, semiconductores, medicamentos e produtos sanitarios, satélites, lanzadores espaciais, avións ou outras aplicacións de dobre uso, así como de equipos de defensa.
A estratexia ten por obxecto mellorar a competitividade a longo prazo da UE garantindo que a Unión siga estando á vangarda das novas tecnoloxías de materiais, mediante o apoio ás capacidades de desenvolvemento, ensaio e despregamento.
As accións tamén reforzarán a autonomía estratéxica aberta e a seguridade económica da UE ao reducir a dependencia de materiais críticos, substituíndoos ou apoiando a súa reciclaxe e reutilización.
A Comunicación propón accións arredor de cinco piares principais que deben aplicarse xunto cos Estados membro da UE, os axentes da industria e outras partes interesadas clave:
- Reforzar o ecosistema europeo de investigación e innovación sobre materiais avanzados.
- Acelerar o acceso ao mercado de materiais innovadores. Esto inclúe o desenvolvemento dun «patrimonio común de materiais», unha infraestrutura dixital europea para a investigación e a innovación en materia de materiais avanzados, que acelerará significativamente o deseño, o desenvolvemento e o ensaio de novos materiais avanzados nunha contorna regulada, tamén mediante o uso da IA.
- Aumentar o investimento de capital e o acceso ao financiamento. Como parte deste paquete de accións, a UE creará unha nova asociación coa industria no marco de Horizonte Europa, co obxecto de mobilizar investimentos por valor de 500 millóns de euros entre 2025 e 2027, dos cuales polo menos 250 millóns de euros procederán de fontes privadas.
- Fomentar a produción e o uso de materiais avanzados. Esto inclúe a contratación pública para a innovación, o establecemento de normas e a posta en marcha dunha Academia de Materiais Avanzados co Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía para garantir que a man de obra europea dispoña das capacidades necesarias.
- Crear un Consello Tecnolóxico para os materiais avanzados que forneza asesoría para dirixir esta iniciativa cos Estados membro, os países asociados a Horizonte Europa e a industria.
Antecedentes
Un exemplo de materiais avanzados é o grafeno. É o material máis fino e máis forte que se coñece e supera ao cobre como condutor da calor.
Utilízase en pantallas de televisión, computadores e teléfonos intelixentes. A eficiencia enerxética e as novas características de rendemento só son posibles debido a novas calidades de deseño.
Europa ostenta unha posición sólida no desenvolvemento de materiais avanzados, pero a innovación continua é fundamental para garantir a soberanía tecnolóxica e a autonomía estratéxica ao longo do ciclo de vida dos materiais avanzados.
Ao longo dos anos, os programas marco de investigación e innovación (I+i) da UE apoiaron activamente a I+i en materiais avanzados, como, por exemplo, a iniciativa emblemática sobre o grafeno, así como diversas plataformas tecnolóxicas europeas e ERA-NET.
En febreiro de 2022, no Manifesto de Materiais 2030, as principais partes interesadas do sector pediron á Comisión que establecese unha folla de roteiro estratéxica e unha gobernanza eficaz para a I+i sobre materiais avanzados, así como unha nova axenda estratéxica europea en investigación e innovación para a próxima xeración de materiais avanzados.
Tras unhas consultas máis amplas cos Estados membro e as partes interesadas, a presente Comunicación aborda non só as necesidades de investigación e innovación, senón tamén os esforzos para reforzar a produción, o uso e a aceptación de materiais avanzados.
Máis información: Comisión Europea
Comunicación sobre materiais avanzados para o liderado industrial