Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Participación Xuvenil »
Viaxa por toda Europa con DiscoverEU!
— A convocatoria está dirixida para mozos e mozas que cumpran os 18 anos
Bruxelas, 17 de marzo de 2023. Xa está aberto o prazo para a nova edición de DiscoverEU, o programa para que a mocidade europea coñeza o seu continente do mellor xeito posible; viaxando. As solicitudes pódense presentar ata o 29 de marzo.
DiscoverEU reparte nesta convocatoria máis 35.000 bonos de viaxe para cidadáns da Unión Europea que fagan os 18 anos neste 2023. A iniciativa englóbase no programa Erasmus+, polo que se abre tamén para a mocidade de Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Turquía. Ademais os seleccionados tamén recibirán unha tarxeta con descontos para aloxamento, comida, visitas culturais ou transporte local, entre outros eidos.
As solicitudes preséntanse na páxina do Portal Europeo da Xuventude e pódense facer tanto individuais como en grupo. En caso de ser escollido, pódese facer a viaxe dende o 15 de xuño do 2023 e o 30 de setembro do 2024. Invítase aos viaxeiros a compartir a súa experiencia en redes sociais coa etiqueta #DiscoverEU e unirse ás máis de 130.000 persoas que xa se beneficiaron desta oportunidade.
Máis información: Portal Europeo da Xuventude