Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Participación Xuvenil » Nova convocatoria de DiscoverEU con máis prazas que nunca

Nova convocatoria de DiscoverEU con máis prazas que nunca

18/10/2022 | ,

— A convocatoria está dirixida para mozos e mozas que fagan neste 2022 os 18 anos

Bruxelas, 18 de outubro de 2022. Xa está aberto o prazo para a nova edición de DiscoverEU. O programa, unha acción da Comisión Europea, ten como obxectivo que a mocidade europea coñeza o seu continente dándolle a oportunidade de viaxar en tren gratis. As solicitudes pódense presentar ata o 25 de outubro.

DiscoverEU reparte nesta convocatoria 35.000 bonos de viaxe Interrail para os cidadáns da Unión Europea que fagan os 18 anos neste 2022. A iniciativa englóbase, dende este ano, no programa Erasmus+, polo que se abre tamén para a mocidade de Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia e Turquía. Ademais, a partires deste ano, os seleccionados tamén recibirán unha tarxeta con descontos para aloxamento, comida, visitas culturais ou transporte local, entre outros eidos. Este aumento de prazas e vantaxes responde ao financiamento excepcional deste Ano Europeo da Xuventude 2022.

As solicitudes preséntanse na páxina do Portal Europeo da Xuventude e pódense facer tanto individuais como en grupo. En caso de ser escollido, pódese facer a viaxe dende o 1 de marzo de 2023 e o 29 de febreiro de 2024. Invítase aos viaxeiros a compartir a súa experiencia en redes sociais coa etiqueta #DiscoverEU e unirse ás máis de 130.000 persoas que xa se beneficiaron desta oportunidade.

Máis información: Portal Europeo da Xuventude

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data