Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Eventos » Mocidade galega e europea participa nun evento polo rural

Mocidade galega e europea participa nun evento polo rural

25/05/2023 | ,

— O evento forma parte do proxecto Rural youth Europe que lidera a Fundación Galicia Europa

Santiago de compostela, 25 de maio de 2023. A Fundación Galicia Europa participa, os días 25 e 26 de maio, no evento International Rural Creative Jam Hackathon que ten lugar no espazo multidisciplinar da Estación de Vedra. Xuventude de Galicia, Malta, Romanía e Portugal reúnense co obxectivo de traballar na creación de prototipos e poñendo a proba a súa creatividade para o futuro do desenvolvemento do rural europeo.

Os equipos deberán presentar as súas ideas ante un xurado, os mellores recibirán unha serie de premios tecnolóxicos e terán a posibilidade de viaxar a outro evento nun dos países participantes e a outros agasallos que lles permitirán completar a súa formación europea.

Este evento forma parte do proxecto europeo RuYou (Rural Youth of Europe) cofinanciado polo programa Cidadáns, Igualdade, Dereito e Valores da Unión Europea, cuxo obxectivo é o de potenciar a colaboración internacional e o emprendemento entre a mocidade europea para construír o novo futuro de Europa. Así, buscase fomentar o intercambio de ideas, poñer a proba a creatividade dos xóvenes e fomentar a súa implicación na sociedade do futuro.

EuroXuventude

A plataforma EuroXuventude é o espazo para a mocidade galega no que poden consultar os proxectos e oportunidades que lles ofrece a Unión Europea. EuroXuventude pretende promover unha mocidade e cidadanía galega activa e participativa no proceso de construción comunitaria.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data