Mes de outubro


















VISITA DO DIRECTOR XERAL DE PLANIFICACIÓN ECONÓMICA E FONDOS COMUNITARIOS DA XUNTA DE GALICIA

Durante os días 10 a 13 de outubro permaneceu en Bruxelas o Director Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios da Xunta de Galicia, Aureliano García González-Llanos, acompañado do Subdirector Xeral de Coordinación de Investimentos e Fondos Comunitarios, Francisco Ramos Mulero. A visita permitiu á delegación galega visitar a sede da Fundación Galicia Europa e manter unha serie de reunións con diferentes representantes das institucións e organismos comunitarios.


ESTADÍA DE FUNCIONARIOS DO SERVICIO DE FUNDACIÓNS DA XUNTA

Durante a semana do 10 ao 14 de outubro, dúas funcionarias do Servizo de Fundacións da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza visitaron a capital comunitaria dentro do programa de bolsas para o persoal das entidades que forman parte do padroado. Coa colaboración do persoal da Fundación Galicia Europa, as interesadas mantiveron unha reunión na Dirección xeral de Liberdade, Seguridade e Xustiza da Comisión Europea sobre a elaboración dun código de conducta a nivel europeo para as entidades sen ánimo de lucro; visitaron o Centro Europeo de Fundacións, e entrevistáronse coa responsable da recén creada Rede de Fundacións en Bélxica. Esta experiencia serviulles para coñecer de preto o funcionamento das institucións europeas e os dosieres que estanse a tramitar a nivel europeo no tocante á sociedade civil organizada, como é a proposta de creación dun estatuto de Fundación Europea.