Mes de novembro
Visita da Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar
Visita a Bruxelas da Conselleira de pesca e asuntos marítimos, Carmen Gallego Calvar. Trasladouse a Bruxelas os días 7 e 8 de novembro para manter unha xuntanza institucional có Comisario de pesca e asuntos marítimos, Joe Borg, así como con diferentes responsables na Dirección Xeral de Pesca
Visita do Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a Bruxelas
O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, participará en Bruxelas o día 16 de novembro na 62a sesión do Comité das Rexións, onde por vez primeira, a lingua galega será utilizada de maneira oficial nunha institución europea.
Estadías FGE
Durante a semana do 21 ó 25 de novembro, María Luisa Peña Cebreiro, funcionaria da Xunta de Galicia na Secretaría Xeral do Consello Galego de Relacións Laborais e Peregrina Troitiño Rey, técnica de Promoción Económica da UPD da Deputación de Pontevedra visitarán a capital comunitaria dentro do programa de bolsas para o persoal das entidades que forman parte do padroado. Coa colaboración do persoal da Fundación Galicia Europa, as interesadas manterán unha serie de reunións con funcionarios da Dirección Xeral de Emprego e Asuntos Sociais da Comisión Europea sobre temas relacionados co diálogo social e a igualdade entre home e muller respectivamente, e asistirán, entre outros actos a diferentes comisións parlamentarias do Parlamento Europeo.