III. Información sobre a Unión Europea en Galicia
A evolución das políticas europeas, as posibilidades de financiamento comunitario e as oportunidades de emprego e prácticas nas institucións son os tres principais eixos de información europea facilitada pola FGE. Faino a través do seu portal web, das redes sociais e de boletíns electrónicos informativos.
Datos máis relevantes do 2021:
Elaboramos 10 boletíns informativos para o público galego e 6 destinados ao público de Bruxelas. O boletín envíase mensualmente a unha base de datos de máis de 1200 subscritores e conta cunha versión en castelán que se envía a público en Bruxelas e que se distribúe, ademais, por redes sociais. Actualmente, ten unha alta taxa de apertura, que supera de media o 30%, e unha alta taxa de clics que se atopa entre o 6 e o 8%.
- Fixemos catro campañas de difusión en redes:
- Pacto Europeo polo Clima,
- Participación de Galicia na COP 26,
- #ÉotEUmomento, para animar á mocidade galega a participar na COFE
- Participación galega na #EURegionsWeek
- Conseguimos un 11% más de seguidores en Twitter, 57% en Linkedin e 12% máis en Facebook.
- Na web da FGE publicamos 74 noticias da participación galega en asuntos comunitarios e 110 noticias da UE.
- Traballamos no deseño e funcionalidade da nova web da FGE.