MARCO INSTITUCIONAL DAS PERSPECTIVAS FINANCIEIRAS E DA POLÍTICA REXIONAL NO DEREITO PRIMARIO
BASE XURÍDICA DAS PERSPECTIVAS FINANCIERAS
A decisión sobre as actuais Perspectivas Financieiras (PPFF) é unha decisión á marxe da arquitectura institucional do dereito primario da UE. É dicir, é unha decisión política na que os EM pactan de maneira intergubernamental a que será a súa aportación ó orzamento comunitario (recursos) e o método xeral de atribución do gasto pactando unhas regras xerais por epígrafes (PAC, política rexional, medio ambiente…). Esta negociación non conduce a uns montantes de gasto determinado por EM pero permite coñecer a grandes rasgos canto será ó total que se espera percibir.
Non obstante as PPFF contan cunha base legal positivizada no acordo interinstitucional do 6 de maio de 1999, acordo éste sempre subordinado ó dereito primario.
A POLÍTICA DE COHESIÓN NO TCE
O artigo 161 do TCE (Tratado da Comunidade Europea) modificado en Niza dispón que será o Consello por unanimidade quen decida as ”funcións, obxectivos prioritarios e a organización dos fondos”, pero no seu novo párrafo terceiro engade que ”A partir do 1 de xaneiro de 2007, o Consello decidirá por maioría cualificada, a proposta da Comisión, previo ditame conforme do Parlamento Europeo e tras consultar ó Comité Económico e Social e ó Comité das Rexións, no caso de que na dita data se teñan adoptadas as perspectivas financieiras plurianuais aplicables a partir do 1 de xaneiro de 2007 e o correspondente acordo interinstitucional. De non ser así, o procedemento previsto no presente páragrafo será aplicable a partir da data da súa adopción.”
Esta disposición afecta únicamente á política rexional e de cohesión e non á negociación sobre PPFF que se seguirían aprobando conforme ó anteriormente descrito.
AS PPFF E A POLÍTICA DE COHESIÓN NO TECE
Sen embargo este novo parágrafo do art. 161 non debería chegar a aplicarse xa que o Tratado polo que se Establece unha Constitución para Europa (TECE) debería entrar en vigor o 1 de novembro de 2006 (art. IV-447) ”sempre que se depositen tódolos instrumentos de ratificación”.
No caso das PPFF, éstas serían rexidas polo art. I-55 e III-402 e deben ser aprobadas por ”Lei Europea do Consello” por unanimidade no tanto que non se recorrese á salvedada específica contida no art. I-55 (aceptar por unanimidada a súa adopción por maioría cualificada). Neste artigo disponse que para esas novas PPFF será necesario o consentemiento do PE.
A maior novidade viría dada polo art. III-224 relativo a Política de cohesión que dispón a súa adopción por maioría cualificada. Sen embargo o propio TECE conten unha salvedade para as primeiras disposicións relativas ós fondos con finalidade estructural adoptadas trala entrada en vigor do TECE que serán aprobadas por unanimidade (art. III-223.2) en codecisión co PE.
O PROBLEMA DO FONDO DE COHESIÓN
O fondo de cohesión, a diferencia dos outros fondos de finalidade estructural (FEDER, FSE) ten a súa base xurídica no dereito primario. A referencia ó 90% de RNB media da UE ampliada que se contén no Protocolo n° 28 o TCE actual -e que permite ser destinatario do fondo de cohesión- reproduciuse case literalmente no art. 4 do Protocolo 29 al TECE. Esto implica que calquera solución temporal –por vía de Reglamento actualmente, ou por Lei Europea do Consello trala entrada en vigor do TECE- derivada do impacto da ampliación a 25 [o chamado ”efecto estatístico”] será sempre unha solución subordinada ó dereito primario, xa que os protocolos dacordo co artigo IV-442 do TECE ”forman parte integrante del”.