Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Voluntariado » Máis de 138 millóns para financiar as actividades do Corpo Europeo de Solidariedade en 2022

Máis de 138 millóns para financiar as actividades do Corpo Europeo de Solidariedade en 2022

22/11/2021 |

  • Este programa ten como obxectivo promover a participación da xuventude en actividades de solidariedade en diversos eidos, como a educación non formal, o medio ambiente ou a axuda a persoas en risco de exclusión social
  • A presente convocatoria reforzará a creación de oportunidades para as mozas e mozos europeos durante o Ano Europeo da Xuventude 2022

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2021. A Comisión Europea vén de publicar unha convocatoria de propostas enmarcadas no Corpo Europeo de Solidariedade para o ano 2022. Este programa ten como obxectivo promover a participación de mozas e mozos en actividades de solidariedade en diversos eidos, como a educación non formal, o medio ambiente ou a axuda a persoas en risco de exclusión social, tanto na Unión Europea como en terceiros países. Esta convocatoria introduce a posibilidade de que os participantes realicen operación de axuda humanitaria en todo o mundo, baixo o nome de Corpo Voluntario Europeo de Axuda Humanitaria, co claro obxectivo de reforzar a solidariedade entre organizacións e persoas voluntarias.

Esta convocatoria reforzará a creación de oportunidades para as mozas e mozos europeos durante o Ano Europeo da Xuventude 2022. Desta maneira, financiaranse actividades de voluntariado, proxectos de solidariedade dirixidos por mozas e mozos, o traballo en equipos en eidos de alta prioridade para promover estilos de vida saudables e traballar na conservación do patrimonio cultural, así como o Corpo Voluntario Europeo de Axuda Humanitaria. O orzamento total do programa Corpo Europeo de Solidariedade 21-27 é de 1 000 millóns de euros.

CORPO EUROPEO DE SOLIDARIEDADE

O Corpo Europeo de Solidariedade, ademais de apoiar as prioridades políticas da UE, persegue:

  • A promoción da inclusión e diversidade, ofrecendo á xuventude un acceso equitativo ás oportunidades do programa;
  • O apoio a proxectos que teñan por obxectivo protexer, conservar e mellorar os hábitats naturais e o medio ambiente;
  • A contribución á transición dixital, a través do apoio a proxectos e actividades que impulsen as capacidades dixitais, a alfabetización e axuden na comprensión dos riscos e oportunidades que presenta a tecnoloxía dixital;
  • A implicación e capacitación da xuventude na sociedade, converténdoa nun auténtico axente de cambio.

Todas aquelas persoas interesadas en participar no Corpo Europeo de Solidariedade deben inscribirse no portal do programa, onde poderán buscar as organizacións que levan a cabo os proxectos que maior interese lle susciten. Ademais, os grupos de mozas e mozos rexistrados tamén poderán solicitar financiamento para proxectos solidarios dirixidos por eles mesmos a través do portal web.

As organizacións públicas e privadas tamén poden pedir financiamento para realizar actividades no marco do Corpo Europeo de Solidariedade, para o que deberán obter un selo de calidade que certifique que estean en condicións de levar a cabo actividades solidarias de gran calidade que se enmarquen nos principios, obxectivos e requisitos do programa. Poden presentar a solicitude coa axuda das axencias nacionais do Corpo, con sede en todos os Estados membros e terceiros países asociados ao programa, ou da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura, no caso das accións centralizadas.

O programa está aberto a persoas de entre 18 e 30 no caso de actividades de solidariedade para abordar retos sociais e de entre 18 e 35 anos para as actividades de axuda humanitaria.

A presente convocatoria estará aberta até o 23 de febreiro para os proxectos que se leven a cabo no mesmo ano e até o 4 de outubro para os que se realicen no ano seguinte.

CONTEXTO

O Corpo Europeo de Solidariedade existe como programa financiado pola UE desde outubro de 2018 e no período de 2018-2020 contou cun orzamento de 357 6 millóns de euros. Baséase en iniciativas anteriores da UE no eido da solidariedade e o seu obxectivo é ofrecer un portal único ás organizacións activas no sector da solidariedade e á xuventude que desexe contribuír á sociedade en cuestións que máis interese lle susciten. Partindo do éxito da iniciativa, o Corpo Europeo de Solidariedade prosegue as súas actividades no período 2021-2027 e amplíaas para contribuír na prestación de axuda humanitaria en terceiros países.

MÁIS INFORMACIÓN

Cuerpo Europeo de Solidaridad: más de 138 millones de euros para financiar las actividades de voluntariado de los jóvenes en 2022

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data