Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Lanzamento de CulturEU, unha guía en liña sobre financiamento da UE no eido cultural

Lanzamento de CulturEU, unha guía en liña sobre financiamento da UE no eido cultural

30/11/2021 |

  • A UE pon á disposición da cidadanía CulturEU, unha guía interactiva deseñada para axudar ás entidades, de calquera tamaño e tipo, que traballan nos sectores cultural e creativo a navegar pola oferta de financiamento da UE
Bruxelas, 30 de novembro de 2021. A Comisión Europea pon en marcha unha nova guía interactiva na que se describen todas as posibilidades de financiamento dispoñibles a escala da UE para os sectores cultural e creativo. CulturEU actúa a modo de portelo único en materia de financiamento da UE e reúne un total de 75 posibilidades de financiamento de 21 programas distintos da UE, como Europa CreativaHorizonte Europa, os fondos estruturais ou InvestEU. En só uns clics, a ferramenta interactiva en liña pode dirixir a calquera entidade cultural europea á axuda financeira da UE dispoñible máis adecuada para ela.
 
 As entidades interesadas poden filtrar automaticamente as posibilidades de financiamento pertinentes en función das súas necesidades, o seu sector e o seu tipo de organización. Inclúe tamén exemplos inspiradores e mellores prácticas. CulturEU actualizarase periodicamente coa información máis recente sobre novas convocatorias e estará dispoñible en todas as linguas da UE a principios de 2022.
 
Os sectores cultural e creativo víronse duramente afectados polas restricións xeneralizadas establecidas durante a pandemia de COVID-19. Desde o inicio da pandemia, a Comisión adoptou varias medidas para facer fronte ás consecuencias da crise da COVID-19 nestes sectores, complementando e apoiando as accións dos Estados membros: axuda económica, cooperación a escala da UE, e investimento.
 
As medidas adoptadas ata o de agora a nivel da UE para axudar aos sectores cultural e creativo inclúen:
  • aumentar a contribución económica da UE aos sectores cultural e creativo, con case 2 500 millóns de euros procedentes de Europa Creativa, e preto de 2 000 millóns de euros de Horizonte Europa dedicados a proxectos culturais, creativos e inclusivos de 2021 a 2027;
  • destinar fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia a eses sectores;
  • aprobar axudas nacionais con arranxo ao Marco Temporal relativo ás medidas de axuda estatal por un importe total superior a 420 millóns de euros;
  • publicar directrices da UE sobre a reapertura segura e a recuperación do sector;
  • poñer en marcha unha plataforma específica, Creatives Unite, para que artistas, intérpretes e outros profesionais da cultura e a creación poidan compartir información e iniciativas e intercambiar ideas. Esta plataforma conta agora con máis de 43 000 usuarios.
A Comisión segue coordinando e facilitando os intercambios a escala da UE para reflexionar sobre os retos e oportunidades actuais aos que se enfrontan os sectores cultural e creativo.

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data