• Lazamento da Alianza Europea de Materias Primas, dentro del Plan de Acción sobre materias primas fundamentais. 
  • A UE necesitará grandes cantidades de materias primas críticas para desenvolver aqueles sectores e tecnoloxías estratéxicos para converterse no primeiro continente climáticamente neutro, dixitalizado e cunha economía circular de aquí a 2050.

Bruxelas, 6 de outubro do 2020. Para cumprir cos obxectivos a
longo prazo do Pacto
Verde Europeo
, a UE necesitará grandes cantidades de materias primas
críticas para desenvolver aqueles sectores e tecnoloxías estratéxicos para
converterse no primeiro continente climáticamente neutro, dixitalizado e cunha
economía circular de aquí a 2050.

Para achegarse á consecución
destes obxectivos, o pasado 29 de setembro, o Comisario de Mercado Interior,
Thierry Breton, e o Comisario de Relacións Interinstitucionais e Prospectiva,
Maroš Šefčovič , deron a benvida á nova Alianza
Europea de Materias Primas
, dentro del Plan
de Acción sobre materias primas fundamentais
.

Obxectivo da Alianza europea de
materias primas

Inicialmente, o obxectivo xeral
da Alianza Europea de Materias Primas é aumentar a resiliencia da UE nas cadeas
de valor das terras raras e do material magnético, un aspecto vital para a
maioría dos ecosistemas industriais da UE, como as enerxías renovables, a
defensa e o espazo. Posteriormente, co tempo, a alianza poderá ampliarse para
abordar as necesidades en relación con outras materias primas fundamentais e
outros metais de base.

Neste sentido, a Alianza Europea
de Materias Primas adoptará o mesmo enfoque que a Alianza
Europea de Baterías
, é dicir, terá un marco de gobernanza flexible
construído sobre os principios de apertura, transparencia, diversidade e
inclusión e estará aberta á participación de empresas, rexións, institucións de
investigación, sindicatos e organizacións non gobernamentais. Con isto, preténdese
garantir a inclusión de todos os axentes da cadea de valor, para que todos os
actores clave asuman a responsabilidade e traballen xuntos para obter
resultados sobre o terreo.

A nova alianza de materias primas
será xestionada polo Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía de Materias
Primas 
 (EIT
de Materias Primas)
, do mesmo xeito que a Alianza Europea de Baterías é xestionada
polo Instituto Europeo de Innovación e Enerxía (EIT
Inno-energy)
.

Participación da industria e da sociedade civil da UE

Para o lanzamento da Alianza
Europea de Materias Primeiras, ao redor de 100 socios industriais, 40
asociacións industriais, a Federación Europea de Xeólogos e o Ministerio de
Economía e Finanzas francés xa apoiaron a creación desta iniciativa. Isto
demostra que se trata dunha alianza que responde a unha necesidade real.

Por iso, a Comisión Europea fai
un chamamento a que máis sindicatos, ONGs e actores das comunidades locais
contribúan a participar e desenvolver, en maior medida, a Alianza Europea de
Materias Primas.

Participación das rexións da UE e
os Estados membros

A participación das rexións nesta
alianza será fundamental, debido a que as rexións están máis preto e en
constante contacto coas comunidades locais. Neste sentido, xunto coas
autoridades nacionais, as rexións son as responsables de garantir que se
respectan todas as leis pertinentes á hora de extraer, transformar e reciclar
as materias primas in situ.

Neste escenario, ambos os
comisarios instan a que as rexións, como Galicia, vexan o potencial para atraer
investimentos a través de novos proxectos relacionados coas cadeas de valor sostibles
de materias primas.

En especial, a Comisión apela a
que aquelas rexións europeas con tradición mineira se especialicen no
abastecemento sostible de materias primas, formando aos antigos mineiros con
habilidades transferibles, no contexto dunha Transición
Xusta
.

Do mesmo xeito, o Comisario Breton
recomendou que os Estados membros inclúan proxectos de investimento en materias
primas críticas dentro dos plans
nacionais de recuperación
que terán que presentar á Comisión Europea ao
longo do outono deste ano.

Participación de terceiros países

Por mor da crise da COVID-19, a
UE decatouse da forte dependencia do abastecemento da industria europea en
terceiros países. De feito, nas últimas décadas, a UE dependeu en gran medida
das importacións dun pequeno número de terceiros países como, por exemplo, de
China que proporciona o 98% da subministración de elementos de terras raras da
UE, de Turquía que proporciona o 98% da subministración de borato da UE e
Sudáfrica proporciona o 71% das necesidades de platino da UE.

En consecuencia, en materia de
competitividade internacional, o concepto de autonomía
estratéxica
cobrou cada vez máis relevancia. Con todo, é importante
entender que cando se fala de autonomía estratéxica non se está promovendo o
illamento da Unión, senón que se aspira a conseguir máis opcións, máis
alternativas e máis competencia, a fin de evitar as dependencias non desexadas,
tanto económica como xeopolíticamente.

Neste contexto, o programa
Copernicus
demostrou vía satélite que no territorio europeo hai moitos de
materiais críticos que poderían ser extraídos e aproveitados en Europa, como
son o cobalto, bauxita, berilio, bismuto, galio, indio, niobio… Con todo, isto
non significa que os recursos sexan suficientes para cubrir todas as necesidades
do continente.

Por iso, a Alianza Europea de
Materias Primas quere forxar importantes asociacións con terceiros países que
sexan ricos en recursos, como Canadá, Australia e unha maior integración dos
países africanos interesados nas cadeas de valor europeas.

Fonte: Comisión
Europea