Actualidade
Portada » Actualidade » Novas » EuroXuventude » Eventos »Laboratorio de Innovación: Potenciando o liderado e a creatividade xuvenil en Chaves-Verín
— A Fundación Galicia Europa, a Eurocidade Chaves–Verín, AECT xunto aos seus socios do proxecto Eurocidade_2030 lanzan a iniciativa transfronteiriza que terá lugar na sede da Eurocidade Chaves-Verín os próximos 25 e 26 de octubre.
— “Laboratorio de Innovación”, é un espazo deseñado para axudar a mozos na exploración das oportunidades que o seu entorno ofrece nos ámbitos do patrimonio, o audiovisual, o deporte e o turismo.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2024. Co fin de empoderar á mocidade da Eurocidade Chaves-Verín, os próximos 25 e 26 de outubro, a Fundación Galicia Europa organiza dous eventos no marco do “Laboratorio de Innovación”, un espazo deseñado para asesorar e mentorizar a mozos na exploración das oportunidades que o seu entorno ofrece nos ámbitos do patrimonio, o audiovisual, o deporte e o turismo. Con un enfoque na colaboración transfronteiriza, esta iniciativa busca conectar á mocidade con outros colaboradores europeos, ampliando os seus horizontes e fomentando a creatividade.
O obxectivo do laboratorio é crear un lugar de encontro onde as ideas flúan, se establezan conexións significativas e se potencien proxectos colaborativos. Este innovador proxecto pretende inculcar un espírito de creatividade e orixinalidade, animando aos participantes a xerar propostas únicas e proporcionando a guía necesaria para materializalas, xa sexa desde un enfoque profesional ou asociacionista.
Deseñadas para ser prácticas e dinámicas, as actividades do laboratorio invitarán aos asistentes a participar activamente no proceso de creación e desenvolvemento de proxectos. Para garantir unha experiencia enriquecedora, contarase con mentorías personalizadas a cargo de expertos do sector, quenes axudarán aos mozos a potenciar as súas habilidades e capacidades, fomentando tanto o liderazgo como a creatividade.
As sesións tamén abordarán temas de sustentabilidade e cohesión, enfatizando a importancia da protección da biodiversidade e dos ecosistemas, así como a eficiencia no transporte.
Obxectivos do Laboratorio:
- Desenvolvemento de Oportunidades: Crear unha rede de contactos no territorio transfronteirizo Chaves-Verín, abrindo novas oportunidades para os participantes.
- Fomento do Liderazgo e a Innovación: Asesorar aos mozos no desenvolvemento de proxectos creativos e habilidades de liderazgo.
- Promoción do Emprendemento: Proporcionar ferramentas para iniciar e xestionar proxectos que exploten as riquezas patrimoniais da zona.
- Coñecemento de ferramentas de Cooperación: Informar sobre as vantaxes que ofrecen as institucións europeas para o desenvolvemento de proxectos de carácter internacional.
O Laboratorio está dirixido a:
- Mocidade en risco de exclusión social.
- Mocidade en paro.
- Mocidade emprendedora: Aqueles que desexan levar a cabo proxectos que aproveiten os recursos comunitarios, pero que necesitan ampliar os seus coñecementos coa axuda de expertos.
- Mocidade non profesionalizada: Mozos do asociacionismo que buscan dinamizar as súas comunidades sen un enfoque no beneficio económico.
- Población xeral e medios de comunicación: Informar ao público sobre as posibilidades que ofrece o territorio para fomentar un sentido de orgullo e pertenza comunitaria.
Consulta o contido do programa:
Primeira Xornada: venres, 25 de outubro. Creatividade Transfronteiriza e Sociedade Organizada
A primeira xornada, que terá lugar o 25 de outubro, contará coa participación de Diana Goncalves, xestora cultural e comunicadora transfronteiriza, e Javier Balbín (Tesoureiro de Raia Creativa e Asesor Financeiro de Transfronteiriza). Ao longo do día, terá lugar unha serie de actividades teóricas e prácticas co fin de xerar lazos a través do patrimonio compartido e do coñecemento do territorio.
Abordarase a importancia da organización da sociedade civil, comezando coa constitución de asociacións, as diferentes tipoloxías e os trámites necesarios. Ademais, disertarase sobre a posibilidade de crear asociacións transfronteirizas co fin de crear proxectos culturais que rompan as barreiras diferenciadoras e que estean en sintonía cos valores europeos e a construción dun espazo común. Os participantes analizarán como a creatividade pode ser o motor dunha organización e ofreceranse ferramentas para o desenvolvemento e a comunicación efectiva de proxectos. Pola tarde, explóranse as relacións entre a sociedade civil e as institucións, a combinación da componente creativa e financeira, así como as posibilidades de financiamento a través de fondos comunitarios, cun enfoque nos programas CERV e Europa Creativa.
Orientadas a mozos de diversos grupos sociais e tendo en conta outras franxas de idade, as actividades están deseñadas para implementar estratexias que promovan a integración e a participación activa. Farase especial énfase no ámbito patrimonial, permitindo aos participantes detectar as oportunidades que representan os recursos culturais da Eurocidade Chaves–Verín.
Este enfoque non só fortalecerá a identidade compartida, senón que tamén servirá como ponte para consolidar a relación entre Galicia e Portugal, creando bases sólidas para futuras colaboracións e proxectos transfronteirizos.
Segunda Xornada. Sábado, 26 de outubro. Deporte e Turismo: Cómo xerar oportunidades no noso territorio?
O 26 de outubro, a Eurocidade Chaves-Verín acollerá a segunda xornada do “Laboratorio de Innovación”, centrada no potencial do deporte e do turismo como ferramentas de crecemento para o territorio transfronteirizo. Baixo o título “Deporte e Turismo: ¿Cómo xerar oportunidades?”, terá lugar unha mesa redonda que reunirá a destacados expertos en deportes, turismo e sustentabilidade. Esta será moderada por Ana Díez, xestora cultural e politóloga, que achegará a súa visión sobre o deporte como motor de cohesión social e dinamización comunitaria.
A xornada continuará cun taller creativo dirixido por Daniel Diéguez e Javier Morales, enfocado en axudar aos mozos participantes a desenvolver proxectos que combinen deporte e turismo, promovendo o aproveitamento do territorio e a creatividade na xestión de recursos locais.
Finalmente, ofreceranse titorías personalizadas con expertos en comunicación, producción e coordinación de eventos deportivos e culturais, brindando a oportunidade de recibir asesoramento directo para o desenvolvemento de iniciativas individuais. Este formato 1to1 permitirá aos participantes obter orientación práctica e personalizada para poñer en marcha os seus proxectos.
Este Laboratorio de Innovación non só busca empoderar aos mozos, senón tamén fortalecer a identidade compartida entre Galicia e Portugal, establecendo cimentos firmes para futuras colaboracións e proxectos na rexión.
Inscríbete neste enlace. As inscricións son totalmente gratuítas e individuais para cada xornada.
Calendario completo de las jornadas
Primera Xornada: venres, 25 de outubro
Con Diana Goncalves (axente cultural, investigadora e fundadora de Raia Creativa) e Javier Balbín (tesoureiro de Raia Creativa e Asesor Financiero de Transfronteiriza)
- 10:30h – 13:45h: Primeira sesión:
- A sociedade civil organizada. Constitución dunha asociación. Tipoloxías e trámites.
- Novas consideracións no ámbito europeo: ¿asociacións transfronteirizas?
- Fundamentos e propósitos. A creatividade como motor dunha organización.
- O desenvolvemento de proxectos e a súa comunicación.
- 14:00h – 15:30h: Networking – almorzo na Eurocidade Chaves-Verín.
- 15:45h – 19:00h: Segunda sesión
- Relacións entre sociedade civil e institucións
- Possibilidades de financiamento
- Fondos comunitarios
- Programa CERV e Europa Creativa.
Segunda Xornada: sábado, 26 de outubro
- 10:30h – 11:30h: Mesa Redonda: “Deporte e Turismo: ¿Cómo xenar oportunidades?
- Moderadora: Ana Díez.
- 11:30h – 12:00h: Parada para o café
- 12:00h – 13:30h: Taller Creativo I: “¿Coñecemos realmente as posibilidades do noso territorio?”
- Dinamizado por Dani Diéguez. Actividade práctica de deseño de proxectos deportivos e turísticos.
- 13:30h – 15:00h: Descanso para xantar
- 15:00h – 17:30h: Taller Creativo II: “¿Coñecemos realmente as posibilidades do noso territorio?”
- Continuación do taller da mañá, con enfoque en colaboración e xeración de ideas.
- 17:30h – 19:00h: Tutorías personalizadas
- Sesiones 1to1 cos expertos da mesa redonda para resolver dúbidas e afinar proxectos.
Eurocidade 2030
O obxectivo xeral da Eurocidade 2030 está aliñado co do programa Poctep (Programa de Cooperación Transfronteriza Interreg España-Portugal), que busca promover a posta en valor e o atractivo dos territorios transfronteirizos e contribuír ao benestar dos cidadáns que viven ou desexan vivir neles. Tendo en conta isto, o proxecto pretende reforzar as accións de cooperación transfronteiriza desenvolvidas pola AECT Eurocidade Chaves-Verín, promovendo os avances institucionais en materia de cultura, demografía, acción social e transporte.
Por outra banda, o obxectivo específico é reforzar a eficacia da administración pública, promovendo a cooperación xurídica e administrativa entre a cidadanía, os axentes da sociedade civil e as institucións, en particular co obxectivo de resolver os obstáculos xurídicos e doutro tipo nas rexións.
Máis información: Eurocidade 2030

Créditos | Autor/a