Actualidade
Portada » Actualidade » Análise FGE da actualidade comunitaria »
Os itinerarios de transición para os ecosistemas industriais europeos
O 10 de marzo de 2020, a Comisión adoptou unha nova Estratexia Industrial. O obxectivo era axudar á industria da UE para liderar as transformacións verde e dixital e impulsar a competitividade global da UE e a súa autonomía estratéxica aberta.
Á luz da experiencia da pandemia COVID-19, a actualización da estratexia industrial da UE en 2021 puxo de relevo a necesidade de acelerar aínda máis as transicións verde e dixital e aumentar a resiliencia dos ecosistemas industriais da UE. Para iso, a Comisión propuxo poñer en marcha Itinerarios de transición (Transition Pathways) creados conxuntamente coas partes interesadas, a industria e os interlocutores sociais, como un proceso de colaboración esencial para axudar á transformación dos ecosistemas industriais.