Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Desenvolvemento Rural » Publicado o informe do diálogo estratéxico sobre o futuro da agricultura da UE

Publicado o informe do diálogo estratéxico sobre o futuro da agricultura da UE

27/09/2024 | ,

Bruxellas, 27 de setembro de 2024.

A presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen, recibiu  o informe final do diálogo estratéxico sobre o futuro da agricultura da UE, que entregou o presidente do grupo, Peter Strohschneider. Titulado «Unha perspectiva compartida para a agricultura e a alimentación en Europa», o informe presenta unha avaliación dos retos e oportunidades, seguida dunha serie de recomendacións.

Estas suxerencias guiarán o traballo da Comisión Europea á hora de configurar a súa visión sobre agricultura e alimentación, que se presentará nos primeiros 100 días do segundo mandato da presidenta von der Leyen.

A Comisión acolle con satisfacción o importante traballo realizado polos 29 membros do diálogo estratéxico desde a súa posta en marcha pola presidenta von der Leyen en xaneiro de 2024, así como o compromiso construtivo que mostraron ao longo de todo o proceso, co fin de redactar o informe final e aprobalo por unanimidade. O resultado de hoxe demostra que é posible alcanzar un consenso entre os principais intereses de toda a cadea agroalimentaria, mesmo en tempos de polarización ao redor do debate público sobre as cuestións agroalimentarias.

Este enfoque, que fomenta o diálogo e a confianza mutua entre os distintos puntos de vista, pode contribuír a ofrecer solucións sostibles para uns sistemas agroalimentarios competitivos, resilientes, diversificados e sostibles na UE. Por tanto, a Comisión avaliará de cerca as recomendacións do informe para crear unha nova plataforma que reúna a axentes do sector agroalimentario, a sociedade civil e o mundo científico co fin de seguir reflexionando sobre estratexias para que os sistemas agroalimentarios sexan máis sostibles e resilientes.

Máis información: 

Comunicado de prensa IP/24/4528

Declaración da presidenta von der Leyen

Diálogo estratéxico sobre o futuro da agricultura na UE

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data