Fundación Galicia Europa
  • Galego
  • Español
  • English
  • linkedin
  • twitter
  • Inicio
  • Fundación
    • Quen somos?
    • Memorias de actividades da FGE
      • Memoria 2021
        • Carta do Presidente
        • Defensa dos intereses galegos en Europa
        • Información sobre a Unión Europea en Galicia
        • Fomento da participación galega en proxectos europeos
        • Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia
    • Contacto
    • Transparencia
  • Actualidade
    • Novas
      • Galicia na UE
      • Actividades FGE
      • Unión Europea
      • EuroXuventude
    • Análise FGE da actualidade comunitaria
    • Boletín electrónico FGE
    • Plan de Recuperación
  • Actividades
    • Encontros virtuais
    • Programa TecEuropa
    • Bolsas
    • #EuroXuventude
    • Axenda FGE
    • Proxectos europeos FGE
    • Pacto Europeo polo Clima
    • Aluguer de sala en Bruxelas
  • Unión Europea
    • Consultas públicas
    • Licitacións na UE
    • Conferencia sobre o Futuro de Europa
  • Financiamento comunitario
    • Guía de financiamento comunitario
    • Programa TecEuropa
    • Programas de financiamento 21-27
    • Convocatorias de interese para Galicia
linkedin twitter
  • Galego
  • Español
  • English
  • Inicio
  • Fundación
    • Quen somos?
    • Memorias de actividades da FGE
      • Memoria 2021
        • Carta do Presidente
        • Defensa dos intereses galegos en Europa
        • Información sobre a Unión Europea en Galicia
        • Fomento da participación galega en proxectos europeos
        • Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia
    • Contacto
    • Transparencia
  • Actualidade
    • Novas
      • Galicia na UE
      • Actividades FGE
      • Unión Europea
      • EuroXuventude
    • Análise FGE da actualidade comunitaria
    • Boletín electrónico FGE
    • Plan de Recuperación
  • Actividades
    • Encontros virtuais
    • Programa TecEuropa
    • Bolsas
    • #EuroXuventude
    • Axenda FGE
    • Proxectos europeos FGE
    • Pacto Europeo polo Clima
    • Aluguer de sala en Bruxelas
  • Unión Europea
    • Consultas públicas
    • Licitacións na UE
    • Conferencia sobre o Futuro de Europa
  • Financiamento comunitario
    • Guía de financiamento comunitario
    • Programa TecEuropa
    • Programas de financiamento 21-27
    • Convocatorias de interese para Galicia

Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Competitividade » Galicia súmase ás iniciativas da UE para celebrar o Ano Europeo das Competencias

Galicia súmase ás iniciativas da UE para celebrar o Ano Europeo das Competencias

10/05/2023 | Ano Europeo das Capacidades 2023

— A Comisión Europea celebra hoxe o inicio oficial do Ano cun evento híbrido no que se incidirá na necesidade de que as traballadoras e traballadores se formen nas capacidades axeitadas para dar resposta á transformación do mercado de traballo

— A Xunta participa coa proxección dun vídeo no que se pon en valor a Axenda Galega das Capacidaddes a través da que xa se está a ofrecer microformacións que demandan as principais entidades representativas da economía galega

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2023. Galicia súmase ás iniciativas da Unión Europea (UE) para celebrar este 2023 o Ano Europeo das Competencias, que arranca hoxe coa celebración dun festival, un evento híbrido no que a Comisión Europea quere poñer de manifesto a necesidade de que as traballadoras e traballadores se formen nas capacidades axeitadas para dar resposta á transformación do mercado de traballo.

Para este acto, que se celebra na Cité des Métiers de Bruselas, o centro de información e asesoramento sobre formación profesional xestionado pola rede do Servizo Público de Emprego de Bruselas, a Unión Europea seleccionou a proxección dun vídeo que elaborou a Xunta de Galicia para poñer en valor e difundir a Axenda Galega de Capacidades para o Emprego.

A iniciativa galega, que se está a executar desde o ano 2021 e que aplica principios da Axenda Europea de Capacidades á realidade de Galicia, é un pacto pola capacitación da forza laboral galega baseado na colaboración público-privada co tecido produtivo. O desenvolvemento desta Axenda xa está a permitir a oferta de microformacións que demandan as principais entidades representativas da economía galega. Ademais, a súa proxección europea conta coa colaboración da Fundación Galicia Europa.

Esta Axenda está a procurar a xeración dunha contorna de aprendizaxe permanente na que se actualizan periodicamente as competencias profesionais das persoas traballadoras para dar resposta ás novas necesidades do mercado de traballo, mellorando, deste xeito, a competitividade das empresas.

A Axenda Galega de Capacidades está a procurar a xeración dunha contorna de aprendizaxe permanente

Durante o Ano Europeo das Competencias, a Comisión, o Parlamento Europeo, os estados membros, os interlocutores sociais, os servizos de emprego públicos e privados, as cámaras de comercio e industria, os proveedores de educación e formación, e as persoas traballadoras e empresas colaborarán para promover o desenvolvemento de competencias, mellorando así as oportunidades de elección profesional das persoas. O reto é que Europa sexa máis competitiva ao impulsar a súa man de obra e garantir que as transformacións ecolóxica e dixital e a recuperación económica sexan socialmente xustas e equitativas.

Galicia, ao longo deste Ano Europeo das Competencias, desenvolverá máis accións para divulgar e visibilizar o labor que a Xunta está a desenvolver a través da Axenda Galega das Capacidades. De feito, a comunidade galega xa se adheriu ao Pacto Europeo polas Capacidades que reúne a empresas, traballadores, autoridades locais, interlocutores sociais, provedores de formación e servizos de emprego para determinar as necesidades en materia de competencias e asumir compromisos para a reciclaxe profesional das persoas traballadoras. Do que se trata é de adecuar as aspiracións das persoas coas oportunidades reais do mercado labor, investir en formación e atraer e reter talento.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

gamallo_pleno_cdr

A Xunta presenta os obxectivos e resultados da Axenda Galega de Capacidades ás rexións e municipios de Europa

09/02/2023 | Ano Europeo das Capacidades 2023, Axenda Galega de Capacidades, Comité Europeo das Rexións

Membros do padroado da FGE

  • Fundación
  • Actividades
  • Unión Europea
  • Financiamento comunitario
  • Actualidade
  • #EuroXuventude
  • Consultas públicas
  • Axenda FGE
  • Contacto
Logo Fundación Galicia Europa
  • Follow
  • Follow
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
  • Cookies
  • Deseño web
Manage Cookie Consent
Usamos cookies para optimizar a nosa web e servizos.
Funcionais Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Preferencias
{title} {title} {title}