Bruxelas, 04 de xullo de 2008.- O Comité das Rexións acolle unha exposición de acuarelas, óleos e debuxos do aclamado pintor francés Matthieu Dorval na súa sede en Bruxelas ata o proximo 10 de xullo. A exposición, baixo o título Land´s End – Infinite Lands (Nos confíns da terra) , está organizada polo Consello Rexional de Bretaña.

As 77 obras pictóricas expostas representan os cabos, penínsulas e illas que forman os puntos máis occidentais do continente europeo, dende o sudoeste de Irlanda ata o sur de Galicia. As obras están acompañadas por textos da xornalista bretona Chloé Batissou, inspirada polas historias dos seus habitantes, cuxas vidas se atopan indivisiblemente unidas ás maxestuosas e salvaxes costas do Atlántico, que constitúen o seu fogar. Os textos preséntanse en galego e no resto das linguas rexionais das áreas mencionadas.

Segundo o artista e máis a escritora, a exposición ten como obxectivo retratar a UE baixo unha nova luz. ”A Europa vista tradicionalmente como técnica e distante enfréntase cunha Europa máis humana, na que homes e mulleres comparten as mesmas paisaxes abruptas e vidas cotiás”.

Onde: Comité das Rexións. Rue Belliard, 101. 5º piso.
Cando: Do 24 de xuño ata o 10 xullo.
Para máis información prema aquí.