Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Medioambiente e clima » Galicia participa nunha xornada de intercambio de experiencias no marco da misión de adaptación ao cambio climático da Unión Europea

Galicia participa nunha xornada de intercambio de experiencias no marco da misión de adaptación ao cambio climático da Unión Europea

31/01/2023 |

— Galicia participou esta semana na Launch of Community of Practice: Charter signatories, projects and Mission Board members, unha xornada de intercambio de experiencias celebrada en Bruxelas no marco da Misión de Adaptación ao Cambio Climático da Unión Europea.

Bruxelas, 31 de xaneiro de 2023. Neste encontro, a delegación galega e un técnico da Fundación Galicia Europa compartiron proxectos e experiencias innovadoras con representantes de diferentes rexións europeas no obxectivo común de avanzar cara a resiliencia climática para 2030 e impulsar os esforzos de adaptación a través da participación da cidadanía no proceso de toma de decisións e do estímulo de investimentos públicos e privados.

Cómpre lembrar que Galicia foi seleccionada en setembro de 2022 para asinar a Carta da Misión de Adaptación, unha oportunidade de manter a posición de vangarda da Comunidade na loita contra o cambio climático.

De feito, o compromiso da Xunta cunha comunidade climaticamente neutra, verde e resiliente xa se plasmou coa aprobación da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e refórzase coa futura Lei do Clima de Galicia, cuxa remisión ao Parlamento está prevista para este ano 2023.

Máis información: Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data