- O
director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús
Gamallo, participou no pleno do Comité das Rexións, no que tamén interveu
Antonio Tajani, presidente do Parlamento Europeo
- O
Comité aprobou un ditame que recolle a proposta de Galicia dunha política
de cohesión que teña moi en conta a situación demográfica das rexións
- Os
entes locais e rexionais reclamaron tamén unha nova etapa europea no ámbito
marítimo, da man dunha revisión da política de crecemento azul
Bruxelas, 15 de maio de 2017. O Comité Europeo das Rexións (CdR) manifestou a pasada semana en pleno o seu completo apoio a unha política de cohesión que teña en
conta o reto demográfico, tras aprobar unha emenda de Galicia que reclamaba a
inclusión deste punto no futuro da cohesión no período posterior a 2020. Esta
proposta enmárcase na aprobación dun ditame baixo o título “O futuro da política
de cohesión despois de 2020”. O texto es considerado prioritario por parte da
Comisión Europa para definir a nova política de cohesión, por iso é polo que a
proposta galega cobra especial importancia, máis nunha sesión que contou coa
participación de Antonio Tajani, presidente do Parlamento Europeo, e de Jyrki
Katainen, comisario de Emprego, Crecemento, Investimento e Competitividade. Tajani
subliñou a necesidade de que o orzamento europeo se encontre a disposición das
necesidades dos cidadáns, mentres que Katainen invitou ás autoridades rexionais
a debater sobre o futuro de Europa, á vez que mostrouse aberto ás propostas do
CdR. Nesta sesión, celebrada nas instalacións do Parlamento Europeo, aprobouse
tamén outro ditame de interese para a nosa comunidade, relativo á necesidade de
poñer en marcha unha nova etapa do crecemento azul.
Galicia estivo presente no pleno a través de Jesús Gamallo,
director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, que introduzo
tres emendas ao texto sobre cohesión, baixo a convicción de que a UE debe
seguir contribuíndo ao desenvolvemento rexional. Gamallo foi ademais confirmado
como coordinador da comisión CIVEX (Cidadanía, Gobernanza e Asuntos
Institucionais e Exteriores) no CdR para o período 2017-2020. No marco desta
comisión, a delegación española do CdR levará á conferencia de asuntos europeos
de España un texto sobre as consecuencias do Brexit, que inclúe a cuestión
pesqueira a petición de Galicia. A nosa comunidade reclama que o libre acceso
aos caladoiros británicos vaia unido á negociación comercial.
Futuro da política
de cohesión
O CdR sinala no seu ditame que a política de reforzo sobre
a cohesión económica, social e territorial é unha das máis importantes e amplas
da Unión, xa que crea as condicións para unha competencia xusta entre rexións
no territorio europeo, contribuíndo a asegurar os postos de traballo existentes
e a crear novos mediante o investimento estratéxico en innovación. O texto,
elaborado polo alemán Michael Schneider, considera que a estrutura básica da
política de cohesión resultou ser efectiva coas súas tres categorías xeográficas-
rexións máis desenvolvidas, rexións de transición e rexións menos
desenvolvidas- e, por tanto, deberían manterse, por ser concreta e á vez
suficientemente flexible para incluír novos retos, instrumentos e indicadores.
Neste sentido, os efectos meramente estatísticos como os que poden darse pola
saída de Reino Unido da Unión non deberían dar lugar a que ningunha das rexións
perdese a súa clasificación actual.
Para o post-2020 Galicia pide que o proceso de programación
se realice de forma máis áxil, para non pospoñer o inicio efectivo da execución
tal e como sucedeu no actual período. As emendas galegas poñen ademais o acento
en que o reto demográfico é un dos principais aspectos que está afectando á UE,
polo que reclama á Comisión Europea que teña especialmente en conta a situación
demográfica das rexións á hora de determinar os obxectivos e recursos da futura
política de cohesión.
Nova etapa do
crecemento azul
Pola súa banda, os entes locais e rexionais pediron á UE
que o mar sexa obxecto dunha auténtica política a través dun enfoque amplo e
incisivo en todos os sectores, compartida non soamente polos estados senón tamén
polos entes locais e rexionais. Esta nova etapa da política marítima debería
basearse nun coñecemento máis profundo do mar e o seu potencial. Non hai que
esquecer que Europa é a primeira potencia marítima mundial e o seguirá séndoo
tras o Brexit.
Entre as propostas destaca crear plataformas rexionais ou
interrexionais na economía azul, que servirán para localizar proxectos, apoiar
a súa realización e mobilizar instrumentos financeiros locais dirixidos ás rexións,
os Estados e a UE. Todos estes entes poderían, xunto a socios privados,
financiar o seu funcionamento de forma conxunta. Ademais, sería necesario incluír
no programa Horizonte 2020 e no futuro programa marco unha estratexia europea
de coñecemento da biodiversidade mariña.
O pleno do Comité Europeo das Rexións
Por regra xeral, o CdR celebra cada ano 6 plenos aos que asiste a totalidade dos seus 350 membros, representantes democráticos procedentes dos entes locais e rexionais dos 28 Estados membros da UE. No proceso lexislativo europeo, a Comisión Europea está obrigada a consultar ao CdR naqueles ámbitos políticos que lle afectan directamente aos entes locais e rexionais.
O Comité das Rexións é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae en Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.