Fundación Galicia Europa
  • Galego
  • Español
  • English
  • Inicio
  • Fundación
    • Quen somos?
    • Memorias FGE
      • Memoria da Fundación Galicia Europa 2024
        • Defensa dos intereses de Galicia ante a UE
        • Fomento da participación galega en proxectos europeos
        • Información sobre a Unión Europea
        • Programa de bolsas da FGE
        • Euroxuventude
    • Contacto
    • Transparencia
  • Actualidade
    • Novas
      • Galicia na UE
      • Actividades FGE
      • Unión Europea
      • EuroXuventude
    • Análise FGE da actualidade comunitaria
    • Boletín electrónico FGE
    • Colaboracións coa revista ECO
  • Actividades
    • Encontros virtuais Xunta-UE
    • Bolsas
    • #EuroXuventude
    • Axenda
    • Proxectos europeos FGE
    • Defensa de Galicia ante a UE
  • Unión Europea
    • Consultas públicas
    • Licitacións na UE
    • A lingua galega na UE
    • Futuro da política rexional
  • Financiamento comunitario
    • Guía de financiamento comunitario
    • Programa TecEuropa
    • Convocatorias de interese para Galicia
    • Premios #EuropaXunta
  • Follow
  • Follow
  • Follow
  • Quen somos?
  • Novas
  • Bolsas
  • Análise FGE da actualidade comunitaria
  • #EuroXuventude
  • Boletín electrónico FGE
  • Actividades FGE
  • LinkedIn
  • Instagram
  • X
  • Español
  • English

Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Relacións Exteriores » Galicia participa na segunda edición do Foro Celta para fomentar a cooperación entre rexións do atlántico europeo

Galicia participa na segunda edición do Foro Celta para fomentar a cooperación entre rexións do atlántico europeo

03/02/2026 | Foro Celta

— O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asistiu en Glasgow ao Foro que reuniu a nacións e rexións de tradición celta

— O encontro contou coa participación de Galicia xunto con Escocia, Irlanda, Gales, Cornualles, Illa de Man e Bretaña

Glasgow, 3 de febreiro de 2026. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou onte na segunda edición do Foro Celta, unha organización creada no ano 2023 en Bretaña para facilitar a cooperación en diferentes ámbitos entre rexións e nacións de tradición celta.

Durante o encontro, celebrado por invitación do Goberno de Escocia, Galicia reafirmou o seu compromiso cun espazo de colaboración estable entre territorios atlánticos que comparten lazos históricos, culturais e tamén desafíos comúns no contexto europeo actual. A delegación galega puxo en valor os avances acadados desde a primeira edición do Foro en Rennes e destacou a incorporación da Illa de Man nesta segunda edición, que amplía e reforza a rede de cooperación intercéltica.

No ámbito da mocidade e a educación, Galicia defendeu a creación de instrumentos prácticos de mobilidade entre territorios celta, que permitan intercambios académicos, culturais e profesionais. Incidiuse na necesidade de reforzar as alianzas entre universidades, impulsar escolas de verán e programas de inmersión lingüística, así como facilitar experiencias profesionais en sectores estratéxicos como o turismo sostible, a economía azul ou a xestión do patrimonio. Neste contexto, salientouse a experiencia da Xunta na rede universitaria IACOBUS como exemplo de cooperación académica transferible ao ámbito celta.

Tamén se puxeron en común iniciativas xa iniciadas con Bretaña, como o intercambio de boas prácticas en igualdade de xénero, a cooperación en materia turística e o estudo dun programa de intercambio xuvenil centrado na conservación do patrimonio, incluíndo a recuperación de técnicas tradicionais como a construción de muros de pedra seca.

A dimensión cultural ocupou igualmente un lugar destacado. Galicia defendeu a posta en marcha de proxectos de colaboración no eido audiovisual, musical e artístico, así como a creación de redes estables que faciliten a participación conxunta en festivais de música celta. Neste sentido, mencionouse a traxectoria do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira como exemplo de plataforma de encontro internacional das culturas atlánticas. Ademais, propúxose avanzar na creación de itinerarios patrimoniais harmonizados entre territorios celtas, apoiándose na experiencia do Cornish Celtic Way e do Camiño de Santiago. Galicia animou tamén ás rexións presentes a seguir con interese a recente incorporación de Bretaña á Federación Europea do Camiño de Santiago, formalizada o pasado 16 de xaneiro.

No bloque dedicado á transición enerxética e á innovación, Galicia destacou o seu potencial no desenvolvemento da eólica mariña e do hidróxeno verde, como piares para acadar os obxectivos de neutralidade climática.

O Foro Celta

O Foro Celta é unha iniciativa de cooperación intercéltica creada en 2023 en Bretaña co obxectivo de establecer un marco estable de colaboración entre nacións e rexións do arco atlántico europeo con tradición celta. A súa primeira edición celebrouse en Rennes, onde se adoptou a Declaración de Rennes, que sentou as bases da cooperación en ámbitos como a cultura, a educación, a mocidade, a innovación e o desenvolvemento sostible.

Os membros fundadores do Foro foron Galicia, Asturias, Bretaña, Cornualles, Escocia, Irlanda e Gales. Nesta segunda edición, celebrada en Glasgow, incorporouse tamén a Illa de Man, reforzando así unha rede que busca dar visibilidade á identidade celta común e promover proxectos conxuntos que contribúan ao desenvolvemento económico, social e cultural destes territorios.

Fonte: Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Foro Celta

Galicia participou na constitución do Foro dos Países Celtas para reforzar a dimensión atlántica na construción europea

07/09/2023 | Foro Celta

Membros do padroado

  • Fundación
  • Actividades
  • Unión Europea
  • Financiamento comunitario
  • Actualidade
  • #EuroXuventude
  • Consultas públicas
  • Axenda FGE
Logo Fundación Galicia Europa
  • Contacto
  • Política de Privacidade
  • Aviso Legal
  • Cookies
  • Follow
  • Follow
  • Follow
Manage Cookie Consent
Usamos cookies para optimizar a nosa web e servizos.
Funcionais Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferencias
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estadísticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
  • Manage options
  • Manage services
  • Manage {vendor_count} vendors
  • Read more about these purposes
Preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}