Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Galicia na UE » Cohesión » Galicia apoia en Bruxelas a creación dunha macrorrexión atlántica

Galicia apoia en Bruxelas a creación dunha macrorrexión atlántica

03/03/2023 |

— A Fundación Galicia Europa, en representación da Xunta de Galicia en Bruxelas, participou no encontro político da Comisión do Arco Atlántico 

Bruxelas, 3 de marzo de 2023. A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, participou na reunión política da Comisión do Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM) que tivo lugar na capital belga o pasado 1 de marzo. Nela xuntáronse as rexións do Arco Atlántico para debater sobre a posible creación dunha macrorrexión atlántica.

Esta macrorrexión estaría conformada por rexións de España, Portugal, Francia e Irlanda, así como de Gales, pese a non formar parte da Unión Europea, e vería a unirse a outras estratexias macrorrexionais existentes na UE. A creación da macrorrexión suporía establecer unha cooperación estratéxica na area atlántica, mais aló do territorio da UE e mais aló da actual estratexia marítima, para incluír outros temas, como a conectividade, as enerxías limpas, a innovación, o turismo ou a cultura.

Na reunión compartíronse as diferentes visións sobre a forma e o contido desta macrorrexion atlántica. Para Galicia está claro o valor engadido de crear unha macrorrexión atlántica. Ana Ramos lembrou a experiencia de cooperación das rexión do suroeste europeo RESOE, lanzada en 2010, e na que actualmente participan rexións atlánticas da península ibérica, destacando o bo labor desenvolvido ao nivel do grupo de cooperación das universidades das rexións participantes, así como o apoio institucional reforzado ao corredor atlántico ferroviario.

Máis información: Arco Atlántico

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas