A actividade desenvolverase o vindeiro 12 de maio e servirá para coñecer casos de éxito de entidades galegas en anteriores convocatorias

Bruxelas, 10 de maio de 2016. A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) organizan o vindeiro 12 de maio unha xornada de presentación da convocatoria FEDER Innterconecta 2016, que terá lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela. Na actividade participarán os directores de GAIN e do CDTI, Manuel Varela e Andrés Zabara, respectivamente, así como o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. Durante a xornada analizaranse tamén casos de éxito de Innterconecta en Galicia. O programa completo pode consultarse no seguinte enlace.

O programa FEDER Innterconecta financia proxectos de desenvolvemento experimental en cooperación entre empresas e consitúe unha oportunidade de financiamento interesante para as entidades galegas, cunha dotación orzamentaria total de 50 millóns de euros.

Para poder asistir á xornada, precísase inscrición, que debe realizarse no seguinte formulario.