Memoria 2021
Memoria das actividades do ano 2021 da Fundación Galicia Europa
2021: a posta en marcha da
recuperación económica
Logo de tempos duros marcados pola pandemia, o 2021 converteuse no ano do inicio da recuperación económica. A tarefa era complexa e requiría dun esforzo conxunto que transcendese fronteiras. Ante este reto maiúsculo, a Comisión Europea decidiu poñer en marcha o plan NextGenerationEurope para financiar investimentos e reformas nos Estados membros. Dende Galicia estivemos moi atentos a este proceso e, de forma proactiva, elaboramos una estratexia de transformación na que chegamos a identificar o interese de máis de 300 proxectos públicos e privados aliñados coas prioridades europeas, co obxectivo de poder aproveitar esta oportunidade.

Principais ámbitos de actuación:
A defensa dos intereses de Galicia ante a Unión Europea
A FGE traballou durante o ano 2021 na defensa dos intereses de Galicia ante a UE dando apoio técnico ao director xeral de Relacións Exteriores e coa UE nas súas participacións no Comité das Rexións e aos conselleiros na súa participación no Consello de Ministros da EU >>
Fomento da participación galega en proxectos europeos
No 2021, a FGE ofreceu continuada información ás entidades galegas que buscan información para iniciar a súa participación en proxectos europeos. Así mesmo, asistiu e asesorou a aquelas empresas e entes públicos e privados que xa están implicadas en moitos destes proxectos >>
Seguimento e información sobre a Unión Europea en Galicia
A FGE ollou de preto no 2021 á evolución das políticas europeas analizando as opcións de financiamento comunitario e as oportunidades de emprego e prácticas nas institucións, importantes eixos de información europea facilitada pola FGE >>
Formación e sensibilización sobre Europa en Galicia
Nos seus máis de 30 anos de existencia, máis de 500 persoas tiveron a oportunidade de coñecer de preto a UE a través das bolsas de formación da FGE. Ademais, a Fundación Galicia Europa organiza en Galicia todo tipo de actos para explicar a UE e o seu fucionamento >>
2021 en cifras
participantes nos eventos FGE. Case 500 nas reunións de ámbito europeo, 450 en TecEuropa e 300 nas actividades de EuroXuventude
boletíns. Elaboración de 16 boletíns electrónicos con novas, convocatorias e información europea dende unha perspectiva galega
seguidores nas RRSS. Produciuse un aumento no 2021 de case un 30% respecto ao ano anterior
noticias. 111 novas da UE, 74 novas sobre Galicia na UE, 46 de EuroXuventude e 22 do Foro Galego do Brexit
reunións de alto nivel entre altos cargos da Xunta de Galicia e as institucións europeas
beneficiarios das actividades da Fundación Galicia Europa
reunións do Comité Europeo das Rexións con participación galega no pleno e nas diferentes comisións
encontros virtuais FGE | NextGeneratiOn Galicia
Orzamento da FGE (memoria liquidación)
