Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Unión Europea » Competitividade » Francia releva a Eslovenia na Presidencia do Consello

Francia releva a Eslovenia na Presidencia do Consello

08/01/2022 |

  • Francia asume a presidencia rotatoria do Consello da UE baixo o lema “Recuperación, forza e sentido de pertenza”. 
  • Establece tres grandes prioridades para os próximos seis meses, centradas en fortalecer a soberanía europea, construír un novo modelo europeo de crecemento e apostar por unha Europa máis “humana” que de resposta aos debates cidadáns enmarcados na Conferencia polo Futuro de Europa. 
Bruxelas, 8 de xaneiro de 2022. O día de Aninovo, o presidente Emmanuel Macron inaugurou, en París, a Presidencia francesa do Consello da Unión Europea, o que marcou o fin do anterior “trío de presidencias” composto por Portugal, Alemaña e Eslovenia.
   
Deste xeito, o 1 de xaneiro de 2022 deu lugar ao comezo da nova tríada, integrada nesta ocasión por Francia, República Checa e Suecia, que durante 18 meses traballarán en torno as catro áreas temáticas que acordaron conxuntamente no seu programa común, e que están destinadas a:
  • Protexer aos cidadáns e as liberdades centrándose no respecto e a protección dos valores europeos (como a democracia, o Estado de Dereito, a igualdade de xénero), así como no reforzo do espazo Schengen e da Política Común de Migración e Asilo.
  • Promover un novo modelo de crecemento e investimento para Europa baseado no crecemento verde e sostible e no fortalecemento da soberanía estratéxica da UE.  
  • Construír unha Europa máis verde e socialmente máis equitativa que protexa mellor a saúde dos europeos. 
  • Apostar por unha Europa global que promova o multilateralismo e as relacións internacionais renovadas cos socios europeos, adoptando ao mesmo tempo unha visión compartida entre os 27 Estados membros respecto ás ameazas estratéxicas que afectan á totalidade da Unión. 
Así mesmo, e complementando a estas prioridades xerais, os tres países reiteraron o seu compromiso conxunto de loitar contra as consecuencias económicas e sociais da pandemia de COVID-19 para garantir a correcta evolución do Plan de Recuperación para Europa
 
As prioridade da Presidencia francesa do Consello 
O programa da Presidencia francesa complementa en gran medida ao programa de traballo da Comisión Europea para 2022. O 7 de xaneiro, o Colexio de Comisarios e a presidenta von der Leyen visitaron o Panteón de París como o primeiro acto oficial celebrado no marco da Presidencia francesa, no que celebraron unha homenaxe a dúas grandes figuras históricas da Unión Europea de orixe francés, Jean Monnet e a Simone Veil.
 
Se ben Francia dispón dunha axenda moi completa e ambiciosa para liderar o Consello da UE, convén destacar que o país enfróntase a unhas eleccións presidenciais no mes de  abril , as cales poderían chegar a retardar o desempeño da Presidencia francesa no Consello se o presidente Macron non fose reelixido.
 
Entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2022, a Presidencia francesa articula o seu programa de traballo centrado en tres prioridades chave:  
1- Lograr una Europa más soberana 
Nun discurso celebrado na Sorbona en 2017, o presidente da República francesa introduciu o concepto de “soberanía europea” como a capacidade de defender os valores e intereses da UE a nivel mundial. A este respecto, nos últimos anos a UE xa realizou algúns avances significativos para fortalecer a súa soberanía, especialmente nos ámbitos da: 
  • Transición ecolóxica: a Lei do Clima Europea estableceu como un obxectivo vinculante a redución das emisións de gas de efecto invernadoiro en polo menos un 55 % para 2030, como punto de partida para converter a Europa no primeiro continente climaticamente neutro en 2050. Por iso, na actualidade a UE dedica un terzo do seu orzamento a longo prazo á loita contra o cambio climático. 
  • Dixitalización: xa se aprobaron cuestións moi relevantes como a reforma dos dereitos de autor e a eliminación dos contidos terroristas en liña.
  • Cuestión social: revisouse a Directiva sobre o desprazamento de traballadores en base ao principio de ”igual salario por igual traballo no mesmo lugar”. 
  • Defensa: a UE puxo en marcha o seu primeiro orzamento militar conxunto, así como a Iniciativa Europea de Intervención, e, ademais, Francia e Alemaña uniron forzas para desenvolver conxuntamente un futuro avión de combate. 
  • Economía: a UE desenvolveu un plan de recuperación histórico que conseguirá paliar as consecuencias económicas e sociais da pandemia e que se financiará a través de fondos europeos.  
Con todo, a Presidencia francesa considera que é fundamental seguir traballando na consecución da “Axenda da Soberanía”, promovendo medidas para protexer as fronteiras europeas, reformar o espazo Schengen, controlar a migración, así como impulsar a capacidade de acción da UE nos ámbitos da seguridade e a defensa, e fomentar a prosperidade e a estabilidade dos países veciños, en particular dos Balcáns Occidentais e do continente africano. 
 
Neste sentido, a Presidencia francesa organizará a mediados de febreiro un cumio internacional no que reunirá aos líderes da UE e da Unión Africana para debater sobre o futuro da mocidade do continente veciño da man da academia e da sociedade civil, e unha conferencia sobre os Balcáns Occidentais no mes de xuño. 
 
2- Crear un novo modelo europeo de crecemento 
A Presidencia francesa pretende establecer as bases necesarias para construír un novo modelo de crecemento e investimento que faga que a UE recupere a súa autonomía estratéxica, apostando pola produción e a creación de emprego de alta calidade, altamente cualificado e mellor remunerado, principalmente no ámbito da innovación, a excelencia tecnolóxica e a dixitalización.  
 
A este respecto, a Presidencia francesa considera que é fundamental fomentar o crecemento dos actores dixitais europeos, avanzar na regularización das normas do mundo dixital e garantir que este desenvolvemento económico estea aliñado cos obxectivos climáticos da UE. Noutras palabras, Francia aspira a construír un novo modelo europeo de crecemento que, á súa vez, favoreza a dobre transición ecolóxica e dixital da UE. 
 
En consecuencia, a Presidencia aposta por reforzar a resiliencia dos ecosistemas industriais europeos e apoiar á dobre transición no marco da Nova Estratexia Industrial europea actualizada con miras a estruturar cadeas de valor en sectores chave como o hidróxeno, a electrónica e a computación na nube a nivel europeo e tecnoloxías para a saúde. 
 
3- Lograr unha Europa máis “humana” 
Con esta prioridade, a Presidencia francesa pretende escoitar e dar resposta ás inquietudes expresadas polos cidadáns europeos no contexto da Conferencia sobre o Futuro de Europa.
  
Dado que a Conferencia foi orixinalmente unha iniciativa do presidente Macron, todos os traballos concluirán baixo Presidencia francesa en primavera de 2022. Deste xeito, Francia comprométese a difundir e informar a todos os europeos sobre as medidas que se adopten como resultado deste proceso de participación cidadá.  
 
Ademais, a Presidencia francesa destaca a importancia do Estado de Dereito e de continuar coa protección dos valores europeos e a loita contra a discriminación, avanzando no desenvolvemento das estratexias de loita contra o racismo, o antisemitismo e a violencia de xénero.  
 
Así mesmo, Francia pretende liderar un traballo destinado a recordar a historia de Europa, polo que convocará un gran evento para reunir ás universidades europeas o próximo mes de xuño. E, coincidindo co Ano Europeo da Mocidade, a presidencia Francesa quere promover a creación de un servizo cívico europeo de seis meses aberto a todos os mozos menores de 25 anos para que poidan acceder a un intercambio universitario ou de aprendizaxe, un período de prácticas ou unha acción asociativa. 
 
Expedientes lexislativos prioritarios 
No ámbito lexislativo, a nova presidencia dá prioridade á aprobación de catro expedientes lexislativos emblemáticos da UE, que actualmente están a ser obxecto de debate entre o Consello e o Parlamento: 
  • No ámbito dixital, a prioridade da Presidencia francesa é a regulación económica e a responsibilización das plataformas dixitais, especialmente fronte aos discursos de odio, coa aprobación da Lei de Servizos Dixitais e a Lei de Mercados Dixitais. Francia quere así evitar que as grandes multinacionais tecnolóxicas se convertan en monopolios á marxe da lei que acaben co espírito de innovación europeo, dificultando o xurdimento de novas empresas europeas que poden aportar un gran valor engadido ao mercado interior. 
  • No ámbito ecolóxico, a prioridade da Presidencia é a aprobación do Mecanismo de axuste en fronteira por emisións de carbono (CBAM, polas súas siglas en inglés) que fixará un prezo ao carbono nas fronteiras da UE para os produtos importados, e así evitará que cheguen ao mercado interior bens producidos en terceiros países que sigan criterios ambientais menos esixentes que os europeos. Segundo a Presidencia francesa, o CBAM trátase dunha cuestión de eficiencia económica e ecolóxica para a UE. 
  • No ámbito social, a maior prioridade francesa é chegar a un acordo con Parlamento Europeo en relación á proposta de salarios mínimos

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data