Actualidade

Portada » Actualidade » Novas » Actividades FGE » Cursos » Máis de 60 persoas fórmanse na FGE en Bruxelas sobre as oposicións da UE

Máis de 60 persoas fórmanse na FGE en Bruxelas sobre as oposicións da UE

27/03/2026 |

— A formación, impartida por un funcionario do Parlamento Europeo, ofreceu claves para preparar os procesos selectivos EPSO

Bruxelas, 27 de marzo de 2026. A Fundación Galicia Europa acolleu este xoves na súa sede en Bruxelas unha sesión formativa sobre como preparar as oposicións da Unión Europea, que reuniu a máis de 60 persoas, tanto en formato presencial como en liña.

A sesión foi impartida por Alberto Escobar Rivas, funcionario do Parlamento Europeo, quen compartiu a súa experiencia e consellos prácticos para afrontar os procesos selectivos EPSO.

Durante a formación abordáronse cuestións como a previsión de convocatorias para 2026, o funcionamento das probas e as competencias que se esixen ás futuras persoas funcionarias da UE.

Con esta iniciativa, a Fundación Galicia Europa continúa a traballar para facilitar o acceso da cidadanía galega á función pública europea, ofrecendo información e recursos clave para a preparación das oposicións.

Ademais, durante a sesión compartíronse diversos recursos de utilidade para a preparación das vindeiras convocatorias:

🔗 Instrucións para as probas en liña
🔗 UE careers: materiais de estudo
🔗 Marco de Competencia Dixital para a Cidadanía
🔗 Competencias EPSO

© Fundación Galicia Europa

Buscador

  • Categoría

  • Subcategoría

  • Etiqueta

  • Data

Novas relacionadas

Non hai novas relacionadas