Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018. A FNAJ (Federación Nacional de Asociacións Xuvenís de Portugal) organiza, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), unha formación en materia de educación non formal. A formación terá lugar os días 26 e 27 de setembro en O Porto baixo o título ”A Forza da Educación Non Formal”. O programa da mesma é o seguinte:
-Principios Conceptuáis da Educación non Formal
-A Educación Formal como proceso base na educación para a cidadanía e a participación
-Ferramentas de Educación non Formal
-Facilitación en Educación non Formal
-Deseño de formación no ámbito da Educación non Formal
Horario:
· 26 de outubro – 18 h00 ás 21 h00
· 27 de outubro – 09 h30 ás 18 h30
Inscrición
Inscrición gratuíta – inclúe comidas, aloxamento (se é necesario) e certificado de formación.
Inscricións ata o 22 de outubro na seguinte ligazón.
Proxecto LIDERA.
O proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA) foi aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692,93 euros cunha financiación dun 75% de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).
Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, o Instituto Português do Deporte e da Xuventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.