• O nivel de participación excedeu as
    expectativas da Fundación Galicia Europa, que realizará unha nova edición proximamente

Santiago
de Compostela, 13 de novembro de 2020
. O curso sobre “Novas
estratexias para un turismo sostible”, organizado pola Fundación Galicia Europa
no marco do proxecto LIDERA, que deu comezo o pasado luns 9 de novembro cunha
presentación por parte da Directora de Competitividade da Axencia de Turismo de
Galicia da Xunta de Galicia, María Baleato, finalizou cun gran éxito de convocatoria.

Durante as cinco xornadas de
duración, o curso contou con ponentes como Moisés Jorge Naranjo, xerente do
Padroado de Turismo de Forteventura; Tommi Alvarellos, presidente da Asociación
Profesional de Guías de Turismo de Galicia; Borja Batalla, vocal da Asociación
Galega de Empresas de Turismo Activo e Natureza (AGETAN); e Belén Mendoza,
responsable de proyectos europeos da Cámara de Comercio de Santiago de
Compostela. O peche das xornadas púxoo Vítor Días, o Director do Instituto
Portugués de Deporte e Xuventude.

Ao longo desta actividade
formativa, as persoas participantes puideron abordar temáticas como a
formulación de estratexias adaptadas ao novo contexto e a importancia das novas
tecnoloxías na comunicación, en sintonía cos obxectivos da Unión de cara a
promover a transformación dixital dos sectores de actividade. Nos vindeiros
días manterase unha estreita colaboración entre as e os relatores e as persoas
participantes, coa finalidade de que poidan levar a cabo todas as súas ideas
emprendedoras no eido do turismo.

Grazas á alta demanda, a
Fundación Galicia Europa anuncia que se levará a cabo, proximamente, unha nova
edición do curso, á marxe do proxecto LIDERA e financiado e organizado pola FGE.

Proxecto
LIDERA

O
proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove
transfronteirizo” (LIDERA, 0205_LIDERA_1_E) ten como un dos seus obxectivos dar
a coñecer aos participantes as diferentes opcións de programas que existen na
Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; a Fundación Galicia Europa; a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de
Santiago de Compostela
;
Instituto Português do
Desporto e da Xuventude
 (IPDJ),
Federación Nacional de
Asociaciones Juveniles Portuguesa
 (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.