Cargando Eventos

« Todos os Eventos

Xornadas Europeas de Investigación e Innovación

10/11 | 08:00 - 11/11 | 17:00

A sétima edición do evento emblemático da Comisión Europea sobre investigación e innovación terá lugar os días 10 e 11 de novembro de 2026 en Bruxelas e en liña.

O evento reúne responsables políticos, persoal investigador, profesionais da innovación, líderes empresariais e representantes da sociedade civil para debater como a investigación e a innovación poden reforzar a competitividade, a resiliencia e a soberanía tecnolóxica de Europa.

Nun momento decisivo para a axenda europea de investigación e innovación, a edición de 2026 analizará como Europa pode:

  • protexer a liberdade da investigación científica;
  • atraer, reter e apoiar o talento investigador;
  • aumentar o investimento en investigación e desenvolvemento;
  • transformar a excelencia investigadora en liderado tecnolóxico;
  • axudar ás empresas innovadoras a poñerse en marcha e medrar;
  • reforzar as infraestruturas de investigación e tecnoloxía;
  • afondar nunha cooperación internacional aberta e segura;
  • promover unha maior participación da cidadanía na ciencia; e
  • aliñar as políticas e os investimentos europeos e nacionais en materia de investigación.

Ao longo das dúas xornadas, as persoas participantes poderán asistir a debates de alto nivel sobre políticas públicas, sesións interactivas en grupos reducidos, actividades de creación de redes, cerimonias de entrega de premios e encontros específicos con conselleiros e conselleiras de Ciencia da UE de todo o mundo.

Máis información neste enlace.

Organizador

Recinto