- Este evento pasou.
Xornada sobre economía circular e competitividade empresarial para pemes
♻️ Xornada sobre economía circular e competitividade empresarial para pemes
No marco do proxecto europeo INCUBTRANS, o vindeiro 18 de marzo celebrarase en Verín unha sesión práctica dirixida a pemes sobre transición de modelos lineais a modelos circulares.
Durante a xornada, impartida polo especialista José Luis Parada, presentarase a ferramenta Ecocanvas, que permite ás empresas analizar o seu modelo de negocio desde a perspectiva da circularidade: recursos, cadea de valor, custos, impacto ambiental ou oportunidades de mellora.
Ademais, posteriormente seleccionarase un grupo de 5 pemes para participar nun programa de asesoramento especializado.
📅 18 de marzo
🕚 11:00 – 13:00
📍 Casa da Cultura de Verín
👉 Participación gratuíta con inscrición previa: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfPwViAgK0JWLssY_FmFjRaYGbwau30lzoxg1itXsvGlXjTtw/viewform