- Este evento pasou.
Workshop: Como mellorar o teu negocio de turismo rural
O 26 de maio, a Fundación Galicia Europa, en colaboración coa Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega (ADRAT), celebrará en Chaves unha formación de capacitación empresarial como parte do proxecto Interreg «Incubtrans» dirixida a empresarios e emprendedores de sectores vencellados ao turismo rural, concretamente ao coñecido como «Turismo de quinta». O obxectivo da actividade é proporcionar ferramentas ás pequenas empresas da zona de Galicia e do Norte de Portugal —especialmente ás situadas na Eurocidade Chaves – Verín— para facer fronte a problemas e desafíos. Ademais, a actividade pretende facilitar un espazo para establecer redes entre empresarios de sectores afíns, que lles permita explorar sinerxías e potenciar o traballo colaborativo.
Para participar nesta formación é necesario formalizar a inscrición a través do formulario.