Loading Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento pasou.

TecEuropa | 16º edición

13/05/2022 | 09:00 - 13:00

Esta décimo sexta edición desenvólvese de xeito virtual entre o 4 e o 13 de maio e está moderada pola directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos. Ao longo de catro sesións, os asistentes achéganse, da man de especialistas e representantes comunitarios, ás principais políticas europeas, especialmente as relacionadas coa dobre transición ecolóxica e dixital. Sérvelles, ademais, para identificar as diferentes oportunidades de financiamento que ofrece o actual marco financeiro europeo, como o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, Horizonte Europa ou os novos programas de cooperación territorial europea.

Desde a súa posta en marcha no 2015, TecEuropa contribuíu ao longo de quince edicións á formación de máis de 700 profesionais e a crear e expandir unha rede galega de especialistas en xestión de fondos comunitarios, o que o levou a consolidarse como o curso galego de referencia nesta materia.

Detalles

Data:
13/05/2022
Hora:
09:00 - 13:00
https://mailchi.mp/fundaciongaliciaeuropa/xxi0p61g4m