
- Este evento pasou.
Semana Europea da Enerxía Sostible
20/06/2023 - 22/06/2023

A Semana Europea da Enerxía Sostible (EUSEW) é o maior evento europeo adicado ás enerxías renovables e o seu uso eficiente. Alberga múltiples actividades destinadas a construir un futuro enerxético seguro. Este ano, a temática central é “Acelerando a transición a enerxías limpas – cara a máis competencias e menor custo das facturas”. Poderanse seguir de xeito telemático.
EUSEW 2023 incluirá unha conferencia política con 7 sesións plenarias e 60 sesións políticas que abarcarán temas relacionados coas competencias, a eficiencia enerxética, a asequibilidade e a inclusión, as enerxías renovables e a descarbonización. Ademais, outorgaranse os prestixiosos Premios EUSEW e celebrarase a Feria da enerxía, con máis de 35 stands.
Aquelas persoas concienciadas coa enerxía limpa poden rexistrar un evento na súa localidade como parte de EUSEW.