- Este evento pasou.
Novas oportunidades do programa europeo CERV
28/11 | 10:00
Da man da Fundación Galicia Europa o do Punto Europeo de Ciudadanía (Ministerio de Cultura) exploraremos o programa CERV (Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores), así como as convocatorias abertas ou de próxima apertura.
Presentaranse as novas convocatorias para 2025 que promoven e desenvolven sociedades abertas, democráticas, igualitarias e inclusivas baseadas nos dereitos e na legalidade. Tamén significa promover unha sociedade civil dinámica e empoderada a nivel local, rexional, nacional e transnacional, fomentando a participación democrática, cívica e social das persoas e cultivando a rica diversidade da sociedade europea de acordo cos valores comúns, a historia e a memoria de Europa.
O programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores baséase na promoción da igualdade de xénero e a non discriminación, os dereitos da infancia, a memoria histórica, o compromiso e a participación da cidadanía, así como a loita contra o racismo e a violencia de xénero.
Inscríbete ata o mércores 27 de noviembre a través deste enlace.