- Este evento pasou.
Intelixencia artificial, intelixencia rexional. O papel das comunidades autónomas ante o desenvolvemento da IA
25/01/2023 | 11:00 - 12:30
Informe Debate – Inteligencia artificial, inteligencia regional
Onde? Oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas (Rue de la Loi, 38). Cando? Mércores, 25 de xaneiro, ás 11h |
A IA cada vez ten máis peso no mundo actual e está a mudar a nosa forma de vivir e relacionarnos. Un exemplo é a designación deste termo como a expresión do ano 2022 pola Real Academia Española. A nivel europeo, dende 2019 debátese sobre a instauración dun marco xurídico capaz de garantir que os sistemas de intelixencia artificial sexan seguros e respecten os dereitos fundamentais e os valores da Unión. En decembro, o Consello adoptou o seu posicionamento común ao respecto e, en España, A Coruña foi designada como a sede da primera axencia nacional de supervisión da IA.
Neste coloquio abordarase, dende unha perspectiva rexional, o marco europeo da intelixencia artificial e o rol que poden xogar as comunidades autónomas para o seu desenvolvemento, grazas a un estudo encargado pola Xunta de Galicia co que se procura identificar o potencial desenvolvemento normativo que deberan facer as CCAA para que a IA se produza e consuma en España cumpra cos principios éticos e estándares europeos de confianza e seguridade.
Bienvenida
Ana Ramos, directora da oficina de Bruxelas de la Fundación Galicia Europa
Debate
Moderado por María Bobillo, directora da Oficina de Apoio Estratéxico e Planificación. Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
- Martin Ullbrich, DG CONNECT, Comisión Europea
- Pilar del Castillo, eurodeputada (PPE, ES), membro da comisión de Industria, Investigación e Enerxía
- Carlos Romero, conselleiro de Transformación Dixital de la REPER.
- Marcos Almeida, profesor de Dereito Administrativo e delegado de Protección de Datos da Universidade de Santiago de Compostela (USC)